Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.659

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de abril de 2002 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de decembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro de 2001, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO

CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO B), ESCALA TÉCNICA DE INSPECCIÓN TURÍSTICA

Titular.

Presidenta:

Isabel García Vila. Delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña.

Vocais:

Antonio Rodríguez Álvarez. Subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Eloy Pinilla Sánchez. Profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol, en representación da EGAP.

Antonio Fernández Oca, en representación das organizacións sindicais.

Secretario:

José Manuel Rodríguez Henríquez. Funcionario da Xunta de Galicia.

Suplente.

Presidenta:

Pilar Morgade Saavedra. Subdirectora xeral de Fomento e Cooperación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Vocais:

Miguel A. Ares Casal. Funcionario da Xunta de Galicia.

José Manuel Busto Lago. Profesor titular da Universidade da Coruña, en representación da EGAP.

Antonio Sánchez Lojo, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria:

María Diz Rodríguez. Funcionaria da Xunta de Galicia.