Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de abril de 2002 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria das Fontiñas-Santiago de Compostela (A Coruña) o profesorado que se relaciona no anexo desta orde.

Na oferta inicial de ensinanzas de educación postobrigatoria trasládanse as ensinanzas de formación profesional familia administrativo do IES San Clemente ó IES As Fontiñas, ambos da localidade de Santiago de Compostela.

O Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, establece na súa disposición adicional décimo cuarta que nos casos que se produza un cambio de ensinanzas desde un centro a outro, os profesores das especialidades afectadas quedarán adscritos ó novo centro, mantendo para tódolos efectos a antigüidade que posuían no centro de orixe.

Extinguidas as ensinanzas de formación profesional da familia administrativo no IES San Clemente e implantadas no IES As Fontiñas, procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no Instituto de Educación Secundaria As Fontiñas, do profesorado do Instituto de Educación Secundaria San Clemente.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Os profesores de ensino secundario e técnicos de formación profesional que se relacionan no anexo desta orde, procedentes do IES San Clemente, quedan adscritos definitivamente no Instituto de Educación Secundaria As Fontiñas de Santiago de Compostela.

Segundo.-A adscrición a que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 1 de setembro de 2002.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nomeDNIDisciplina

Mejuto Quintela, Manuel E.33018299Administración de empresas

(590101)

Otero Trillo, Ramón J.33159693Administración de empresas

(590101)

Silva Chorén, Juan Manuel33199155Administración de empresas

(590101)

González Iglesias, Mª Rosa33208283Procesos comerciais (591221)

Valiño Cajaraville, Julia33207565Procesos comerciais (591221)

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO