Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de marzo de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria Muñoz Calero, Carballeda de Avia (Ourense).

Tendo en conta o artigo 8 do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se cita no anexo.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Carballeda de Avia.

Localidade: Carballeda de Avia.

Código do centro: 32015906.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Muñoz Calero.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Pena Corbeira.