Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión celebrada o 5 de abril de 2002, adoptou o acordo que transcrito literalmente di:

«A Presidencia dá conta da documentación presentada polos representantes da entidade Inversiones Gabián, S.L., sobre a necesidade de adapta-lo proxecto de compensación do sector C do polígono industrial, no seu día aprobado, á realidade física da parcela C1 como consecuencia da corrección do erro detectado na superficie do plan parcial do sector C do polígono industrial, por acordo plenario con data 25-9-2001, con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto de compensación.

Atendido que a corrección recibiu o informe favorable dos servicios técnicos e secretaría da corporación e que consiste nun simple reaxuste das superficies das parcelas, dáse conta do informe subscrito polo arquitecto municipal co contido que se transcribe literalmente:

«Con relación á nova documentación presentada polos representantes da entidade Inversións Gabián, S.L., referente a necesidade de adaptación do proxecto de compensación aprobado, a realidade física da parcela da zona C do sector C, teño que informar:

Sendo que a parcela C, segundo a medición real efectuada posúe unha superficie de 319.707 m, e non os 337.600 m, indicados no plan parcial, tal e como xa foi reflectido na corrección de erros efectuada para tal efecto, tamén as parcelas incluídas nesta zona C, deberá verse diminuídas, sendo pois a superficie real das ditas parcelas a que de seguido se sinala:

Parcela 1, para uso privado industrial: 57.590 m.

Parcela 2, para uso privado industrial: 104.575 m.

Parcela 3, para uso privado industrial: 95.061 m.

Parcela 4, para uso privado industrial: 28.581 m.

Parcela A, espacios libres e zona verde: 22.500 m.

Parcela C, vías interiores na zona C: 9.800 m.

Parcela E, equipamento comunitario na zona C: 1.600 m.

Superficie total das parcelas situadas na zona C1: 319.707 m.

O reaxuste das superficies das parcelas anteriormente indicado, ó meu xuízo non supón unha modificación do planeamento aprobado, posto que:

Segundo o disposto no artigo 50 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, nos puntos 3 e 4, a rectificación do plan parcial xa aprobada, non debería ser considerada modificación do dito plan parcial, posto que foi o resultado do desenvolvemento e estudio máis preciso do planeamento de desenvolvemento, cumpríndose:

a) Non afectou a estructura fundamental do planeamento superior nin os usos e aproveitamento do mesmo, posto que a ordenación prevista no plan parcial aprobado, se mantivo de xeito íntegro, sendo que unicamente foi modificada a contía da superficie ordenada.

b) Non foi modificada a localización nin a superficie das zonas verdes e espacios libres de dominio e uso público nin tampouco os equipamentos e dotacións, realizándose o reaxuste necesario para que as ditas superficies e situación fose igual que nos expedientes xa aprobados.

c) Non supón incremento do aproveitamento urbanístico nin da densidade das vivendas, posto que sendo que si a superficie diminúe, tamén foi diminuído o aproveitamento, e non foi variado o número de vivendas posto que sendo un plan parcial para solo industrial non está contemplada este tipo de uso de xeito significativo.

d) Non afectou a unha superficie superior o 15% da superficie delimitada no ámbito do plan parcial, posto que a variación real da superficie ordenada é o 4,904% do total.

Por todo o anteriormente indicado entendo que debo emitir informe favorable sobre o reaxuste das superficies das parcelas da zona C do plan parcial do sector C do polígono industrial, no seu proxecto de compensación.

É canto teño que informar, non obstante a corporación decidirá o que estime pertinente».

Por todo iso, de conformidade co preceptuado no artigo 50 puntos 3º e 4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Comisión de Goberno, por unanimidade, acorda:

Primeiro.-Corrixir, ó abeiro do establecido nos puntos 3º e 4º do artigo 50 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o erro advertido no proxecto de compensación aprobado por acordo da Comisión de Goberno con data 31-5-2001 nos termos expostos, segundo o informe do arquitecto municipal, quedando a superficie das parcelas e o total do seguinte xeito:

Parcela 1, para uso privado industrial: 57.590 m.

Parcela 2, para uso privado industrial: 104.575 m.

Parcela 3, para uso privado industrial: 95.061 m.

Parcela 4, para uso privado industrial: 28.581 m.

Parcela A, espacios libres e zona verde: 22.500 m.

Parcela C, vías interiores na zona C: 9.800 m.

Parcela E, equipamento comunitario na zona C: 1.600 m.

Superficie total das parcelas situadas na zona C1: 319.707 m.

Segundo.-Publica-la presente corrección de erros no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Que se lle notifique neste sentido ó interesado».

Contra este acordo poderá interpoñerse, ante a Comisión de Goberno, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ou directamente recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC e 46 da Lei 29/1928, do 13 de xullo, reguladora da XCA.

Non se poderá interpor este último de se utiliza-lo primeiro e ata que fose resolto o antedito recurso de reposición na forma expresa ou presunta e sen prexuízo de que se poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

San Cibrao das Viñas, 11 de abril de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa