Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Por acordo plenario do 12-4-2002 aprobouse inicialmente a modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias municipais de Marín realizada pola arquitecta municipal Carmen Santiso Rolán, para axustar dous dos artigos da normativa correspondente co solo urbano, os artigos 7 e 12, referentes ós parámetros de altura máxima e fondo edificable. Este acordo queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo no Ser

vicio Municipal de Urbanismo deste concello e presenta-las alegacións que coiden convenientes.

Marín, 16 de abril de 2002.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente