1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Marín.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: 672/83.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: execución da obra de demolición parcial de edificación existente en Castro-Seixo.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: Castro-Seixo-Marín.
d) Prazo de execución: catro (4) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 85.801,07 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Marín.
b) Enderezo: avda. Ourense, s/n.
c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.
d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.
e) Telefax: 986 88 20 13.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP).
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.
8. Apertura das ofertas:
Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.
Data e hora: ás 13 horas do 3º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto se celebrará o seguinte día hábil á mesma hora.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Marín, 16 de abril de 2002.
Antonio Santiago Fernández
Alcalde