Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de liquidacións de xuros de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Figueroa Barros, Mª del Pilar e outra máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de abril de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Figueroa Barros, Mª del Pilar

DNI: 76980024-J

R/ Pantaño, 54

Mos

Expediente devolución O.L Redondela

Autoliquidación.: 157/2000-S

Varela Muñiz, Mª Carmen

DNI: 35248828-V

R/ Alfredo García Alén, 6-1º esq.

Pontevedra

Expediente devolución

Expte. nº T-564/2000

Autoliquidación.: 600900212068