Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Geinur, S.L. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro,

polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no prágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de abril de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Geinur, S.L.Resolución recurso reposición
CIF: B-32169443Nº 99/2000
Prol. Sáenz Díez, finca Méndez, 25

Ourense

Alejandro Rodríguez SalgadoResolución recurso reposición
DNI: 7234305-TNº 111/2000
Galera, 10-7º-1º

Madrid

Domingo Cortón LamelasResolución recurso reposición
DNI: 34603356-VNº 23/2001
Corales, 13-5º dta.

Sta. Cruz de Tenerife

Manuela Rivera JacomeResolución recurso reposición
DNI 34937978-NNº 21/2002
Ervedelo, 60-4º B

Ourense