Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da segunda fase do parque empresarial do Campiño.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9-4-2002 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización formulado por Xestur Pontevedra coa finalidade de levar á práctica as obras de urbanización da segunda fase do parque empresarial do Campiño, dentro do eido do plan parcial correspondente ó solo urbanizable A-3, do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana; foi redactado polo enxeñeiro de camiños Benito Fernández González con visado

colexial nº 21447 do 17-12-2001, e memoria, planos nº 4.1, 4.3, 4.3.1, 4.4, 5.1 e 12.2.6 e orzamento da mesma auditoría, e sen visar polo correspondente colexio oficial, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos nº 2, desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de abril de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral