Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión con data do 25 de abril de 2002, acordou por unanimidade aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Pino, o que se expón ó público polo prazo dun mes para a presentación de reclamacións e suxestións. O documento completo atópase na secretaría do concello, onde pode ser examinado en horario de oficina.

Na mesma sesión e en cumprimento do disposto na Lei do solo de Galicia acordouse tamén a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, construcción e demolición, en todo o termo municipal ata a aprobación definitiva do planeamento.

O Pino, 26 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado