Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (17/2001).

A Alcaldía, con data do 26 de marzo de 2002, dictou a seguinte resolución:

«Primeira.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación presentado por Promociones Bermúdez y López, correspondiente ó polígono E5.01 San Pedro de Visma III, coas seguintes modificacións:

-Inclusión entre as parcelas resultantes da parcela destinada a vías.

-Supresión do último inciso do primeiro parágrafo da páxina 8 (máis outros douscentos oitenta e oito metros...).

-Supresión do segundo parágrafo da páxina 28.

As anteriores modificacións deberán plasmarse en novo documento nun momento posterior, por requirimento desta administración e con carácter previo ó trámite de aprobación definitiva do proxecto.

Segundo.-Requiri-los interesados para que no prazo indicado no punto seguinte presenten ante esta administración os títulos e declaren as situacións xurídicas que coñezcan e afecten os seus predios.

Terceiro.-Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública e audiencia ós interesados, polo prazo mínimo de vinte días.

Sede do Servicio Municipal de Urbanismo o vinteseis de marzo de dous mil dous.

P.D. Salvador Fernández Moreda. Alcalde (asinado)».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación. Así mesmo dispoñen do mesmo prazo para achega-la documentación referida no punto segundo da resolución.

A Coruña, 26 de marzo de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo