Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso aberto da concesión administrativa para o uso privativo dunha parcela de terreo denominada Casilla ou Ladeira, situada no lugar de Abanqueiro, Boiro.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión do 14 de marzo de 2002, os pregos de

cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o concurso aberto para a concesión administrativa para uso privativo dunha parcela de terreo denominada Casilla ou Ladeira, situada na parroquia de Abanqueiro e en cumprimento do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 8 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións.

Do mesmo modo, o Pleno da Corporación na citada sesión do 14 de marzo de 2002, acordou inicia-lo expediente de licitación para a adxudicación da concesión administrativa para uso privativo dunha parcela de terreo denominada Casilla ou Ladeira, situada na parroquia de Abanqueiro, coa salvidade do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, de que no caso de que se formulen reclamacións contra a aprobación inicial dos mencionados pregos será aprazada esta licitación.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá esta contratación, de modo resumido establece o seguinte:

1. Obxecto: cesión de uso privativo dunha parcela de terreo denominada Casilla ou Ladeira, situada na parroquia de Abanqueiro.

2. Condicións dos licitadores: poderán tomar parte na licitación todas aquelas entidades e sociedades deportivas que teñan como finalidade a práctica promoción do deporte náutico, que estean legalmente constituídas e que non estean incursas en ningunha das causas que incapacitan ou prohiben contratar coas administracións públicas, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Esta circunstancia deberá acreditarse na forma en que se determine.

3. Período de concesión: fíxase nun prazo de 10 anos prorrogables.

4. Canon: establécese en 660 euros anuais, incrementándose anualmente de acordo co IPC que se estableza para cada período.

5. Fianza: a garantía provisional fíxase no 2% do prezo de licitación inicial e a definitiva no 4% do prezo da adxudicación, referidos a unha anualidade.

6. Presentación de plicas: os licitadores só poderán presentar unha proposición no rexistro xeral do Concello de Boiro, en horas de oficina durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da data de publicación do anuncio no DOG.

A presentación efectuarase en sobre pechado no que figurará a inscrición «Proposición para tomar parte no concurso para a concesión de uso da parcela de terreo denominada Casilla ou Ladeira» situada en Abanqueiro.

Dentro deste sobre maior conteranse dous sobres A e B, pechados coa mesma inscrición referida no

punto anterior e un subtítulo.

O sobre A substitularase «Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.».

O sobre B subtitularase «Oferta económica e criterios que concorren no licitador» e conterá:

Modelo de proposición:

Don/a con

domicilio enmunicipio

de , CP ... e DNI nº ,

en nome propio (ou en representación de

como acredito por), informado/a do

expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación por procedemento aberto, mediante a forma de concurso da concesión demanial do uso privativo dunha parcela denominada Ladeira ou Casilla en Abanqueiro, anunciada no DOG nº ... do , tomo parte

nela comprometéndome a facer uso do dominio publico de acordo co prego de cláusuas administrativas que acepto integramente aboando o canon anual de ... euros, facendo constar que manteño a oferta durante ... meses e que non estou incurso/a en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Apertura de plicas: terá lugar na sala da Comisión de Goberno ás 11 horas do primeiro día hábil seguinte ó último tamén hábil sinalado para a súa presentación.

8. Gastos: tódolos gastos derivados deste expediente serán por conta do concesionario.

Expediente: o expediente e o prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 27 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado