Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: paso a subt. L.M.T. a C.T. cemiterio e C.T. Rubián.
Situación: Bóveda.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV con lonxitude de 0,163 km con orixe no apoio nº 3 conductor LA-56 e final no apoio nº 4. L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 0,14 km con orixe en apoio nº 154 conductor tipo R.H.V. e final en apoio nº 155. C.T. prefabricado con potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,18 km con orixe no C.T. cemiterio conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Lugo, 12 de marzo de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo