Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. planta EDAR Os Capelos.
Situación: Carral.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, coa orixe no tramo da liña existente entre C.T. nº 5 Os Capelos e C.T. Coiro, finaliza no C.T. Estación Depuradora Augas Residuais Os Capelos, que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV nos Capelos. Concello de Carral.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e
presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 18 de marzo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña