Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto para a selección de proxectos, construcción e explotación de estacionamento para vehículos na praza Xoán XXIII.

1. Obxecto do concurso: é a selección de proxectos e o establecemento dunha concesión administrativa para o uso privativo do subsolo municipal da praza Xoán XXIII, coa construcción dun aparcamento subterráneo e a subseguinte xestión do servicio de estacionamento público para vehículos.

2. Prazo da concesión: 50 anos, a partir da data de remate das obras e recepción provisional destas.

3. Canon de aparcamento: o concursante ofrecerá, na súa proposición, un canon anual mínimo que se aboará ó concello.

4. Garantía provisional e definitiva: para participar no concurso deberá presentarse unha garantía provisional de 6.010,12 A. A garantía definitiva será do 4% do orzamento de execución material das obras.

5. Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de 26 días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, e coa documentación que se di na cláusula XIII do mesmo.

Vilagarcía de Arousa, 21 de marzo de 2002.

Manuel Rodríguez Cuervo

Alcalde