Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se anuncia a oferta de emprego público para 2002.

Provincia: A Coruña.

Corporación: Valdoviño.

Número de código territorial: 15087.

Oferta de emprego público correspondente ó exercicio 2002 (aprobada por Decreto da Alcaldía con data do 25 de febreiro de 2002).

Funcionarios de carreira.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984: B. Clasificación: escala de Administración especial; subescala: Servicios Especiais; número de vacantes: unha; denominación: técnico de xestión orzamentaria e contable.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984: C. Clasificación: escala de Administración especial; subescala: Servicios Especiais; número de vacantes: unha; denominación: administrativo-tesoureiro.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984: E. Clasificación: escala de Administración especial; subescala: Servicios Especiais; número de vacantes: unha; denominación: operario de obras.

Persoal laboral.

Nivel de titulación: arquitecto técnico ou aparellador. Denominación do posto: aparellador. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: titulación de grao medio. Denominación do posto: asistente social. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: licenciado en educación física. Denominación do posto: monitor deportivo. Número de vacantes: unha.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade. Denominación do posto: encargado de maquinaria. Número de vacantes: unha.

Valdoviño, 1 de abril de 2002.

O alcalde

Rubricado