Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria con data do 12 de marzo de 2002, por maioría absoluta legal, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Burela, relativa á apertura dunha nova vía de acceso ó porto, de acordo co proxecto elaborado por CIISA, Consulting e Ingeniería Internacional, S.A.

Polo que, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, se somete a información pública a documentación integrante do expediente polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados a poidan examinar na secretaría do concello, e presenta-las alegacións que coiden oportunas mediante escrito dirixido á alcaldía.

De conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial determinará a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no

ámbito territorial das modificacións de referencia, definido:

Tramo 1: desde a intersección do novo trazado con CN-642 (zona Perdouro), ata a ponte do Perdouro, en sentido leste, e delimitada esta área en sentido norte, por FEVE ata a súa intersección con vía de novo trazado.

Tramo 2: delimitado por FEVE, desde a súa intersección con vía de novo trazado ata camiño da Limosa (zona Campón), e en sentido norte ata zona portuaria, e delimitada esta área en sentido nordés, por zona marítimo-terrrestre.

A dita suspensión terá unha duración máxima dun ano e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da citada modificación.

Burela, 17 de abril de 2002.

Manuel Mon Rouco

Alcalde