Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal en sesión do día 28 de febreiro de 2002, acordou prestar aprobación definitiva a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no cambio de uso para centro de saúde na avda. do Carregal esquina avda. Fraga Iribarne por instancia da Consellería de Economía e Facenda de Xunta de Galicia. Contra este acordo poderán interpoñe-lo seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a esta notificación.

Betanzos, 25 de marzo de 2002.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo