Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

A súa celebración terá lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla, 70, Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na rúa Ronda da Muralla, 70, desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución- no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contados a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B, coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que teñan lugar ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número, e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os resgardos acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propiedade do monte, en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Relación de aproveitamentos forestais (provincia de Lugo)

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas EFianza

de expte.MontePertenzaConcelloElencoMotivoSituaciónEspeciePésmcE/mcTaxaciónprov. E

47/02Coto da Cal e O.C. RomarizAbadín2715821F. quendaEn péP. pr2.568568,0022,0012.496,00211,87249,92

48/02Artojos e PedrizasC. FanoiAbadín2715902F. quendaEn péP. pr5.1402.164,0025,0054.100,00725,261.082,00

49/02De GuimareiC. GuimareiBaralla2715629F. quendaEn péP . s e P. pr1.619731,0016,0011.696,00226,43233,92

50/02Rodela e TouzónC. ViladongaC. de Rei2715588F. quendaEn péP. pr1.502398,0025,0011.925,00196,10238,50

P. r10679,00

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas EFianza

de expte.MontePertenzaConcelloElencoMotivoSituaciónEspeciePésmcE/mcTaxaciónprov. E

51/02Rodela, Touzón e outro (lote 1)C. AnsemarC. de Rei2715605F. quendaEn péP. r315236,0034,0026.588,00344,56531,76

P. pr1.642546,00

52/02Rodela, Touzón e outro (lote 2)C. AnsemarC. de Rei2715605F. quendaEn péP. r209204,0034,0032.028,00405,54640,56

P. pr1.866738,00

53/02Rodela e Gándaras de Castro (lote 1)C. LoentiaC. de Rei2715643F. quendaEn péP. r9055,0029,0010.672,00172,95213,44

P. pr1.143313,00

54/02Rodela e Gándaras de Castro (lote 2)C. LoentiaC. de Rei2715643F. quendaEn péP. pr1.093222,0029,007.337,00133,43146,74

P. r8631,00

55/02Mazo de SantigosoC. Mazo de SantigosoF. Courel2715006F. quendaEn péP. pr1.782512,0019,009.728,00184,04194,56

56/02De FroxánC. FroxánF. Courel2715795F. quendaEn péP. pr1.799559,0026,0014.534,00226,01290,68

57/02Ladeira de BeltránParticularA Fonsagrada2717510F. quendaEn péP. pr4.7372.355,0026,0061.230,00802,831.224,60

58/02Cañota e BagulloV. LouteiroA Fonsagrada2717521F. quendaEn péP. r3.8851.961,0029,0061.509,00775,41.230,18

P. pr457160,00

59/02De SantisoV. SantisoA Fonsagrada2717531F. quendaEn péP. r2.0161.403,0025,0035.075,00486,56701,50

60/02VilagocendeParticularA Fonsagrada2717585F. quendaEn péP. pr2.9352.031,0018,0036.558,00576,91731,16

61/02De LamasC. LamasFriol2715507F. quendaEn péP. r1.000709,0035,0024.815,00322,04496,30

62/02De CarballoC. CarballoFriol2715536F. quendaEn péP. pr1.877998,0033,0032.934,00419,40658,68

63/02De FriolC. FriolFriol2715557F. quendaEn péP. pr791550,0035,0019.250,00260,25385,00

64/02De MirazC. MirazFriol2715634F. quendaEn péP. r697873,0037,0032.301,00398,88646,02

65/02De NarlaC. NarlaFriol2715655F. quendaEn péP. r800721,0036,0025.956,00332,12519,12

66/02De CarlínC. CarlínFriol2715658F. quendaEn péP. pr2.1711.443,0031,0044.733,00564,04894.66

67/02De DevesaC. DevesaFriol2715671F. quendaEn péP. pr1.9131.274,0035,0044.590,00541,64891,80

68/02De TrasmonteC. TrasmonteFriol2715698F. quendaEn péP. pr1.192705,0033,0023.265,00309,92465,30

69/02De AnxerizC. AnxerizFriol2715854F. quendaEn péP. pr1.7741.314,0036,0047.304,00567,04946,08

70/02De OusaC. OusaFriol2715869F. quendaEn péP. r667833,0036,0029.988,00376,49599,76

71/02De San XoánC. S. Xoán de LagostelleGuitiriz2715529F. quendaEn péP. pr2.555957,0028,0026.796,00368,19535,92

72/02De VillaresC. VillaresGuitiriz2715628F. quendaEn péP. r1.8291.072,0029,0031.088,00414,89621,76

73/02De San BreixoC. San BreixoGuitiriz2715702F. quendaEn péP. r348399,0035,0013.965,00201,56279,30

74/02De Santa MariñaC. Sta. Mariña de L.Guitiriz2715737F. quendaEn péP. pr2.4551.238,0025,0030.950,00434,80619,00

75/02De PedrafitaC. PedrafitaGuitiriz2715741F. quendaEn péP. pr205140,0035,0026.320,00338,76526,40

P. r711612,00

76/02Illoa (lote 1)C. LamaLáncara2715531F. quendaEn péP.Pr1.3081.015,0035,0035.525,00440,98710,50

77/02Illoa (lote 2)C. LamaLáncara2715531F. quendaEn péP. pr1.2241.022,0036,0036.792,00451,36735,84

78/02Lamagrande e outroC. BandeLáncara2715835F. quendaEn péP. r9471.225,0037,0045.325,00540,97906,50

79/02Lamagrande e outroC. TraslisteLáncara2715848F. quendaEn péP. r7661.130,0036,0040.680,00494,15813,60

80/02Arco S. Mariña e outroC. TeixeiroLugo2715617F. quendaEn péP. pr2.7731.672,0031,0051.832,00646,181.036,64

81/02De LabioC. LabioLugo2715664F. quendaEn péP. r281186,0033,0035.508,00448,55710,16

P. pr2.246890,00

82/02ErnesParticularNegueira de Muñiz2717567F. quendaEn péP. r11.1849.170,0019,00174.230,002.510,153.484,60

83/02Bosque e S. LagüelaC. Andreade e outrosParadela2715635F. quendaEn péP. r1.6131.013,0031,0031.403,00409,81628,06

84/02Verducedo e LombaC. MoscanO Páramo2715646F. quendaEn péP. pr1.411398,0025,009.950,00171,32199,00

85/02Munxidoira e outrosC. OutaraA Poboa de Brollón2715564F. quendaEn péP. pr2.2051.141,0030,0034.230,00447,14684,60

86/02De SaaC. SaaA Poboa de Brollón2715571F. quendaEn péP. pr1.943411,0022,009.042,00166,15180,84

87/02Pico do MorotoC. CanedoA Poboa de Brollón2715763F. quendaEn péP. pr2.196992,0030,0029.760,00394,84595,20

88/02De Lor marxe esqda.C. Carballo e outrosQuiroga2715511F. quendaEn péP. pr5.8301.349,0018,0024.282,00260,40485,64

89/02CoroaC. CubelasRibadeo2715575F. quendaEn péP. r1.085324,0026,009.165,00159,69183,30

E. g.11028,5

90/02Os Chaos(lote 1)C.PiñeiraRibadeo2715685F. quendaEn péP. r1.288423,0025,0020.991,00304,91419,82

E. g.454370,528,00

A. m.887,006,00

91/02Os Chaos(lote 2)C.PiñeiraRibadeo2715685F. quendaEn péP. r933338,0029,0020.938,00420,90418,76

E. g.734377,5

A. m.566,5

92/02FerroedoC. Broza OesteO Saviñao2715721F. quendaEn péP. pr2.5311.393,0033,0045.969,00567,00919,38

93/02NogueiraC. Anllo San EstebanSober2715535F. quendaEn péP. pr2.5161.521,0032,0048.672,00603,42973,44

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas EFianza

de expte.MontePertenzaConcelloElencoMotivoSituaciónEspeciePésmcE/mcTaxaciónprov. E

94/02Bouzón e O. (lote 1)C. Vilar de CabalosTaboada2715858F. quendaEn péP. r727449,0032,0014.368,00210,89287,36

95/02Bouzón e O. (lote 2)C. Vilar de CabalosTaboada2715858F. quendaEn péP. r628379,0032,0012.128,00185,26242,56

96/02De TrabadaC.TrabadaTrabada2715904PlagaEn péP. pr, P.r, P.s e A.m2.2102.031,0023,0046.713,00653,07934,26

97/02Castelo S. Martín e O.C. LandroveViveiro2715514F. quendaEn péE.G.1.530734,0023,0016.882,00265,70337,64

98/02De VieiroC. VieiroViveiro2715516F. quendaEn péP. r2.200424,0019,008.056,00160,40161,12