Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Vendedores Ambulantes de O Morrazo (Asvam).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos

da Asociación de Vendedores Ambulantes del Morrazo (Asvam), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: vendedores ambulantes de Moaña, Cangas, Bueu e Marín.

Asinan a acta de constitución: Sol de América Peña Rodríguez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 9 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra