Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 4 de abril de 2002 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea P.C. III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea P.C. III, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 15-6-2001, Jesús Búa Martiñán e Mercedes Lijó Mato solicitan autorización para transmisión da concesión da batea P.C. III.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dictei a seguinte

RESOLUCIÓN

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de José Padín Montenegro (DNI: 35326106-S) e María Esther Ríos Bartomé (DNI: 35328694-G), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P.C. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 62.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 23-10-1954 (BOE/DOG nº 177).

Remate vixencia: 26-6-2004.

Actual titular: Jesús Búa Martiñán (35383953-V) e Carmen Lijó Mato (35397660-Q); Mercedes Lijó Mato (76485056) e Luis Soto Piñeiro (32587114-R).

Novo titular: José Padín Montenegro (35326106-S) e Mª Esther Ríos Bartomé (35328694-G).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter entregado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de abril de 2002.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xullo)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS