Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/24-2, 5816 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Sta. Eufemia e Papoi.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 14 m de lonxitude conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. a C.T. Motel e final en C.T.I. Sta. Eufemia. L.M.T. aérea a 20 kV con 10 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T. Paderne e final en C.T.I. Papoi. 2 C.T.I. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 2.945 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de marzo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo