Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/145-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Consellería de Medio Ambiente-delegación provincial.

Domicilio social: rúa do Paseo, 18-5º, 32004 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., base de helicópteros servicio contraincendios.

Situación: Porqueirós (Muíños).

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea de 191 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. ó C.T. para telefonía móbil en Porqueirós e remata no C.T. proxectado aéreo con A50 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Porqueirós. Rede de baixa tensión subterránea ata a base de helicópteros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de marzo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense