Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.312

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de abril de 2002 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira.

Advertidos erros no texto da Orde do 5 de abril de 2002, pola que se anuncian subvencións a empre-

sas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 71, do 12 de abril de 2002, efectúanse as seguintes correccións:

Páxina 4.812. Artigo 4º, onde dí: «...que permitan a conversión de hostais en hoteis e do 25% no caso das accións encamiñadas á modernización das instalacións existentes e de implantación de sitemas de calidade», debe dicir: «...que permita a conversión de calquera establecemento hoteleiro en hoteis e do 25% no caso das accións encamiñadas á modernización das instalacións existentes, á adaptación de hoteis e á implantación de sistemas de calidade».

Páxina 4.814. Epígrafe 2 do artigo 8º, onde di: «...do investimento mínimo subvencionable (90.151,82 euros)», debe dicir: «...do investimento mínimo subvencionable (90.000 euros)».

Páxina 4.818. Anexo IV, no cadro que inclúe a documentación que presentará o beneficiario, no último punto, onde di: «...dun importe global superior a 30.50,61 A se solicita o pagamento da anualidade de 2002 ou, se é o caso, de 2004 ou 2005», debe dicir: «...dun importe global superior a 30.050,61 A se solicita o pagamento da anualidade de 2002 ou, se é o caso, de 2003, 2004 ou 2005».