Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.312

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de abril de 2002 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora de campamentos públicos de turismo.

Advertidos erros no texto da Orde do 3 de abril de 2002, pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora de campamentos públicos de turismo, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 72, do 15 de abril de 2002, efectúanse as seguintes correccións:

Páxina 4.880. Disposición adicional sexta, onde di: «...da documentación á que fai referencia o artigo 8 desta orde así como os prazos establecidos no artigo 9.1º...» , debe dicir: «...da documentación á que fai referencia o artigo 7 desta orde así como os prazos establecidos no artigo 8.1º...».

Páxina 4.880. Disposición adicional sexta, onde di: «...cando se concedese unha subvención consonte o sinalado no artigo 7.3 desta orde», debe dicir: «...cando se concedese unha subvención consonte o sinalado no artigo 6.3 desta orde».

Páxina 4.883. Anexo IV. No cadro que inclúe a documentación que presentará o beneficiario, no último punto, onde di: «...dun importe global superior a 30.50,61 A...», debe dicir: «...dun importe global superior a 30.050,61 A...».