Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 22 de marzo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle de ordenación volumétrica das zonas de edificación unifamiliar do Plan parcial de ordenación do sector SAU-4 Castelao-As Telleiras, parroquia de Nigrán, redactado por Oficina de Planeamento, S.A.

Durante o prazo dun mes exponse ó publico o expediente co obxecto de que se poida examinar e, se é o caso, formularse as alegacións pertinentes.

Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 25 de marzo de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde