Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

No BOP da Coruña nº 75, do 3 de abril de 2002, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Brión para prover, mediante oposición libre, unha praza de auxiliar administrativo, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo D, vacante no cadro de persoal de funcionarios.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Brión, 4 de abril de 2002.

José Luis García García

Alcalde