Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e trámite urxente.

-Obxecto.

É a contratación por concurso con procedemento aberto e trámite urxente das obras que se indican de seguido, incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local 2002:

-Obra:

Saneamento de Cervás, 1ª fase.

Orzamento: 91.740,51 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

-Pregos e proxectos: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril, podendo ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

-Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, en horas de 9 a 13, dentro do prazo dos 13 días naturais seguintes, contado desde o día seguinte ó desta publicación no BOP, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

-Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (se coincidise en sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con enderezo en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con enderezo

en..., nº..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento de Cervás, 1ª fase, e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre: proposición para tomar parte na contratación das obras de saneamento de Cervás, 1ª fase, presentada por...

En..., ... de... de 2002.

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ares, 18 de abril de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente