Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Couto de San Sebastián. (Expediente IN661A 99/1-4).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Fomensa Hispania, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en praza do Cordón, nº 1 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Couto de San Sebastián; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 11 de outubro de 2000, Juan Luis Cort Gómez Tortosa, en nome e representación de Fomensa Hispania, S.L. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Couto de San Sebastián, de 29,9 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo segunda do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento

da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O 19 de xuño de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

Couto de San SebastiánA Estrada e SilledaXY

551.0004.725.000

556.0004.725.000

556.0004.731.000

551.0004.731.000

551.0004.725.000

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Xeradores: Bazán-Bonus.

Potencia total instalada: 29,9 MW.

Producción anual estimada: 72.824 MWh/ano.

Investimento previsto:

3.932.784.380 ptas. (23.636.510, 16 euros).

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-23 transformadores de 1.600 kVA, relación de transformación 690/20.000 kV.

-Subestación transformadora interior a 20/66 kV, para unha potencia de 33 MVA.

-Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV en número de 3, que transportará a enerxía xerada ata a subestación proxectada.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais, Decreto 442, do 13 de setembro, de avaliación e impacto ambiental, e Decreto 205/1995, mediante Acordo do 24 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, publicada no BOP de Pontevedra de 4-12-2000 (corrección de erros do 16-1-2001), no DOG do 19-12-2000 (corrección de erros do 6-2-2001), no BOE do 28-2-2001 e no taboleiro de anuncios dos concellos da Estrada e Silleda.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Ismael Iglesias Míguez e outros solicitan que a afección ós predios de cada un dos alegantes sexa en grao de expropiación e non simplemente en grao de servidume de paso ou voo, baseándose en que coa expropiación se obtería unha meirande compensación económica, e en todo caso, os predios, de non ser expropiados, verían reducido considerablemente o seu valor.

2. Gonzalo Constenla Bergueiro, concelleiro e portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Estrada e Carme Fidalgo Colmeiro, concelleira do Concello de Silleda, manifestan a súa oposición á instalación do parque, con base en:

-Instalación do proxecto nunha zona con restos arqueolóxicos e preto de zonas habitadas.

-Existencia de zonas habitadas a menos de 500 m do parque, onde a actividade gandeira e forestal podería verse afectada.

-Impactos negativos de carácter visual, económico e acústico do parque, debido á presencia destas zonas habitadas.

-Inexistencia de regulamentación específica sobre arqueoloxía, a aplicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento Provincial.

-Afectación do parque a 5 túmulos directamente e 10 indirectamente.

3. José Maceira Caramés, presenta alegacións fóra do prazo establecido para iso, solicitando obter unha compensación económica pola ocupación temporal seu predio.

4. Ramón Campos Diéguez, Javier Fandiño García; Mª Luisa Moreira; José Iglesias Álvarez; Mª Consuelo Espiño González; Manuel Iglesias Míguez; Ramón Peréz Villar; Alsira Sánchez; Manuel Sánchez Arca; Eduardo Rozados; Josefina Ponze; Ramón Ramos González; Jesús Antonio Caramés Glez.; Luis Canicoba Bibian; Francisco Bibian; Regina Hella Lareo; Pedro Glez. Moreira; Gumersindo Glez. Glez.; Mª Dolores Pena Vidal; Santiago Campos Moreira; Manuel C. Pereiras; Manuel Somoza Villar; J. Campos Núñez; Manuel Iglesias Pérez; Antonio Pampín Conde; Manuel Grela de La Fuente; Eladio Lorenzo López; Josefa Rey Fraiz; José Mª Iglesias Sánchez; Antonio Campos; Mª Concepción Cabaleiro; Margarita Porto Espinosa, en nome e representación de Manuel Porto López, e Jesús Caramés, manifestan a súa oposición á instalación do parque eólico, con base en:

-A súa desconformidade coas condicións que establece a empresa promotora.

-O proxecto sectorial deberá cumpri-la Lei 80/2000, de ordenación do territorio.

-No estudio de ruído non se fai mención á aldea de Cabana, tamén afectada. Así mesmo, existen casas a menos de 500 m do parque, ó contrario do que se indica no estudio, non cumprindo as distancias establecidas en relación a actividades molestas.

-O proxecto provoca un efecto claramente negativo sobre os valores ambientais.

-Debería poñerse en antecedentes do trazado da liña ós veciños.

-Solicitan o compromiso formal por parte da empresa promotora de respectar tódolos camiños existentes na superficie afectada polo parque, tanto na súa fase de execución, como na fase de explotación.

5. O propietario do predio nº 85 Ramón Pérez Villar, manifesta ademais, o seu interese na venda da propiedade, sempre e cando as condicións económicas sexan beneficiosas.

6. María Dolores López Lorenzo alega desinformación sobre a forma e extensión da ocupación temporal dos terreos que se van expropiar, prexuízos ambientais, a inxustificación da declaración de utilidade pública debido á proximidade a Silleda, impedindo o seu desenvolvemento, así como unha oferta

económica superior por parte da beneficiaria a outros propietarios afectados.

7. Francisco Bibián e Regina Hella Lareo solicitan que a expropiación se faga extensible á totalidade do predio afectado, así como que, naqueles predios nas que se instale un muíño na metade destes, a empresa promotora varíe o seu trazado, situándoo non no centro, senón nun extremo do predio.

8. Ana Rey López e María do Carmen Fernández López alegan discrepancia na calificación o cultivo e terra dos predios nº 93, 95 e 96; o proxecto sectorial deberá cumprir a Lei 80/2000, de ordenación do territorio; no estudio do ruído non se fai mención á aldea de Cabana, tamén afectada; existen casas a menos de 500 m do parque, ó contrario que se indica no estudio, non cumprindo as distancias establecidas en relación a actividades molestas; Non se recoñece a presencia da aguia na zona; no cálculo da superficie de expropiación non se respectan as parcelas; desacordo coa necesidade da totalidade da servidume de paso solicitada e coa aprobación do trazado proposto no proxecto; solicitude de cuantificación dos efectos indirectos producidos polas obras de construcción do parque; solicitude de informe sobre a liña de alta tensión proxectada; Por último, desconformidade coa oferta económica realizada pola empresa promotora, en relación coas que se realizaron respecto a outros parques

instalados na nosa Comunidade Autónoma. Esta última, alega ademais un erro na titularidade do predio nº 96, que en realidade pertence ó seu defunto pai, Manuel Fernández Caramés, así como a expropiación total da parcela.

9. Margarita Porto Espinosa, en nome propio e representación de Manuel Porto López, José Durán Capón, Manuel Sánchez Arca, Elvira Hermida García e Manuel Campos Pereira; alegan diversos erros na titularidade dos predios afectados.

As alegacións ambientais foron remitidas ó organo ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

Cuarto.-O 3 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, quedando pendente de relocalización e posterior informe os aeroxeradores 21, 22 e 23.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de ins

talacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección ás parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón destas. Unha vez declarada a utilidade pública, será durante o levantamento de actas, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade destas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

4. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do tramite do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

5. En relación coa alegación de Ana Rey López e María do Carmen Fernández López temos que manifestar que a posibilidade da constitución de servidumes tanto de voo como de paso está prevista no artigo 56 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

6. Con respecto á solicitude de información sobre o trazado da liña de tensión, esta será feita pública no momento en que se someta a información pública, co obxecto de que os propietarios afectados e interesados en xeral, poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

7. A empresa promotora respectará todos e cada un dos camiños existentes nos terreos afectados pola instalación do parque, tanto na súa fase de execución como na de explotación.

8. En relación coa alegación presentada por María Dolores López Lorenzo, respecto da desinformación sobre a forma e extensión da ocupación temporal dos terreos que se van expropiar, cabe dicir que a afección queda definida na relación de bens e dereitos e nos planos do proxecto, atopándose este á disposición dos propietarios afectados para o seu coñecemento oportuno, na Delegación Provincial de Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra.

9. En relación á distancia dos aeroxeradores ás vivendas, concretamente ós núcleos de poboación denominados Escuadro e Fráiz, as citadas parroquias atópanse a unha distancia mínima lineal duns 490 m

aproximadamente dos aeroxeradores máis próximos, hai que dicir que a distancia mínima dos aeroxeradores a viviendas ou núcleos de poboación non está regulada pola lei, sen embargo si está regulado o nivel de ruído admisible no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, que foi recollido no punto 2.2 da declaración de impacto ambiental do citado parque.

Terceiro.-A capacidade global da rede de transporte de enerxía eléctrica fai necesario o desenvolvemento dunha serie de infraestructuras recollidas na proposta de desenvolvemento da rede de transporte eléctrico da Comunidade Autónoma de Galicia 2001-2010 (presentada ante o Ministerio de Economía de acordo co preceptuado na normativa eléctrica de aplicación); coa instalación das citadas liñas chegarase á posibilidade de evacuar 4.000 MW eólicos debendo ter preferencia os plans eólicos estratéxicos aprobados, ó se-la figura na que se sustenta a planificación realizada pola Administración autonómica, polo que en prol dun desenvolvemetno efectivo da dita planificación débese realizar unha limitación da potencia que se vai desenvolver noutros parques.

En concreto e no que á instalación de referencia concerne, o nó de evacuación de Cartelle, no que se verterán os megavatios producidos por esta prevese, en planificación que no ano 2005 teña unha capacidade de 350 MW dos cales na actualidade 300 MW xa están autorizados, circunstancia que obriga á limitación da potencia que se vai outorgar ó interesado na contía de 19,5 M.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos os requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar a Fomensa Hispania, S.L.. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Couto de San Sebastián, para unha potencia de 29,9 MW, que se vai situar nos concellos da Estrada e Silleda, na provincia de Pontevedra.

-Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Fomensa Hispania, S.L., deberá presentar no prazo de tres meses o proxecto modificado na contía de potencia especificada nesta autorización, de acordo co disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, momento no cal lle será fixada a fianza da citada instalación. A dita

fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir a esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Terceira.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 3 de decembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Cuarta.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Quinta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas