Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/91-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. Rivera Atienza II-Santa Cristina.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 325 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. Rivera Atienza II alimentando en bucle o C.T. existente de Santa Cristina (que se vai reformar) no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Reforma C.T. Santa Cristina cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra