Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. de C.T. edificio Vilacruz a C.T. Beiramar.
Situación: concello do Grove.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 262 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. existente de Beiramar ata o apoio C-3000/14 proxectado na L.M.T. VLG 806-A Toxa, no concello do Grove.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra