Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 02 de maio de 2002 Páx. 6.267

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (210/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 210/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Carballo, 27 de marzo de 2002.

Vistos por María Aliste Fernández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, os autos de xuízo de faltas 210/2001 nos que foron partes o Ministerio Fiscal, como denunciante Ana María Fariña Agrelo e como

denunciado Manuel Balsa Varela, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El Rei dicto a seguinte:

Dictamino que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Balsa Varela das faltas que neste xuízo se lle atribúen declarando de oficio as custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación».

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Manuel Balsa Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta en Carballo, dous de abril de dous mil dous.

O secretario

Rubricado