Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación do termo municipal de Burela, por acordo do Pleno do 12 de abril de 2002, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera entidade ou persoa interesada nas dependencias municipais, e presentarse as alegacións que se coiden convenientes.

Queda suspendido o outorgamento de licencias para aquelas áreas do territorio obxecto do novo planeamento, as novas determinacións das cales supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, e que son as seguintes:

-1ª zona:

Suspensión de todo tipo de usos, agás os dotacionais públicos, para a área seguinte:

Delimitada pola variante de Burela desde o termo municipal de Foz ata o termo municipal de Cervo, enlazando coa estrada a Marosa, subindo polo final dos edificios existentes na rúa Portelo, respectando o fondo edificable na dita rúa, continuando pola rúa da Veiga, rúa dos Castros e baixando pola travesía dos Castros ata a avda. da Mariña, enlazando coa rúa Nosa Señora do Carme ata o seu final, e subindo pola rúa Eijo Garay ata enlazar coa rúa do Correo, rúa da Estación e seguindo ó longo do fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas cruzando en Pomeda ó outro lado do fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas ata a rúa das Laxelas, rúa San Xoán Bautista, enlazando coa rúa da Igrexa continuando polo fondo edificable da rúa da Fontela, fondo edificable da rúa do Río e fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas ata a rúa do Campón, subindo a rúa Camiño Real (excepto a Unidade de Actuación-Hospital, delimitada esta pola rúa Rafael Vior, rúa Camiño Real, rúa Institutos e zona

hospitalaria, rúa Camiño Real, tramo rúa dos Matos ata rúa dos Institutos, marxe esquerda sentido leste-oeste) enlazando co final da avda. Arcadio Pardiñas ata o Camiño Real I, seguindo o longo do fondo edificable da travesía de Burela N-642 ata enlazar coa variante de Burela. Dentro de toda esta zona descrita exclúese a urbanización do Torno delimitada entre a rúa Luis Seoane, rúa Vilaestrofe, fondo edificable da rúa Rafael

Dieste e enlazando outra vez coa rúa Luis Seoane, núcleo de Vila do Medio, delimitado por rúa Vila do Medio a partir da súa intersección ca avda. Arcadio Pardiñas, rúa Cinoche, rúa da Fonte ata Camiño Cinoche, área comprendida entre este e C. do Cordón, rúa Río Eo e rúa Subcaselas ata edificación nº 7, ambas marxes, e rúa Subcaselas ata a súa intersección coa avda. Arcadio Pardiñas, marxe esquerda rúa Vilar (ambas marxes), desde a súa intersección C.N. 642 (A Casilla) en sentido sur-leste ata edificación sita no nº 10 da rúa.

-2ª zona:

Suspensión de todo tipo de usos, agás os dotacionais públicos, para a área seguinte:

Delimitada pola zona portuaria subindo pola rúa Eijo Garay, seguindo pola rúa Celso Emilio Ferreiro, continuando polo fondo edificable da avda. Arcadio Pardiñas e seguindo pola vía férrea ata o final do termo municipal de Burela, limitando co Concello de Foz e baixando por un tramo da rúa do Cantiño enlazando coa zona portuaria.

Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Burela, 17 de abril de 2002.

Manuel Mon Rouco

Alcalde