Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 15 de abril de 2002, aprobou definitivamente a delimitación do polígono delimitado polos eixes das rúas nº 6, 18 e 20 polo límite norte, e polo límite sur paseo marítimo, correspondente ó ámbito de modificación puntual de Barraña (aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001) e cunha superficie total bruta de 18.620,24 metros cadrados. O que se fai público co fin de que os propietarios interesados presenten no prazo de vinte días o proxecto de reparcelación, para os efectos previstos no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte

ó da publicación do presente acordo e sen prexuízo da notificación persoal a cada un dos interesados ou o exercicio de calquera outro recurso que se considere pertinente.

Boiro, 19 de abril de 2002.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente