Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 27 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais para a ampliación dunha granxa mariña en Xove (Lugo).

Para os efectos previstos no Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométese a información pública o estudio de efectos ambientais do establecemento que se describe:

Tipo: granxa mariña.

Actividade: cría e engorde.

Especie: rodaballo (Psetta maxima).

Ubicación: praia de Lago, concello de Xove (Lugo).

Ocupación de dominio público solicitada: 13.740 metros cadrados.

Titular: Insuamar, S.L.

O expediente, integrado polo estudio de efectos ambientais e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugares de exhibición:

1. Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Lugo.

Avda. de Ramón Canosa, s/n.

27863 Celeiro-Viveiro (Lugo).

2. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Edificio administrativo da Consellería de Medio Ambiente.

r/ San Lázaro, s/n.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

3. Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Ronda da Muralla nº 70.

27071 Lugo.

4. Concello de Xove.

Camiño Real, s/n.

27870 Xove (Lugo).

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celeiro-Viveiro, 27 de marzo de 2002.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS