Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se anuncia poxa pública dunha concesión administrativa e dun viveiro tipo batea.

Anúnciase poxa pública da seguinte concesión administrativa e artefacto:

1. Entidades adxudicadoras: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela.

2. Obxecto da poxa.

Descrición:

Establecemento:

Tipo: batea.

Nome: Places IV.

Situación:

Provincia: A Coruña.

Distrito: Caramiñal.

Polígono: B.

Cuadrícula: 36.

Vixencia:

Inicio: 8-11-1973.

Remate: 8-11-2003.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Cargas: descoñécese a existencia de cargas á data de hoxe.

Datos rexistrais: os únicos que constan son os relativos á descrición e titularidade do establecemento enriba citado.

Artefacto fondeado:

Medidas:

1. Artefacto 22 mx19,70 m.

2. Boias 4 de 4,20x2,10.

Estado do artefacto: moi vello.

Outros datos de interese: carece de placa identificativa.

3. Forma de adxudicación: poxa pública.

4. Tipo de licitación: 60.682,83 euros.

5. Garantías: a indicada na condición sexta do prego de condicións.

6. Obtención de documentación e información.

Rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos sito en San Caetano nº 5, 2º, Santiago de Compostela; Dirección Xeral de Recursos Mariños, rúa do Valiño 63-65, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 40 39.

7. Requisitos: os indicados no prego de condicións que rexe esta poxa.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; no caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións; presentarase en dous sobres pechados.

c) Lugar de presentación: rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en San Caetano nº 5, 2º, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: no salón de actos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), na Illa de Arousa, ás once horas do trixésimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio; no caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos custos dos anuncios así como os ocasionados pola adxudicación.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos