Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2002 Páx. 6.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Empresarial Ence, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Grupo Empresarial Ence, S.A., con nº de código 3600562 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-2-2002 subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-1-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Grupo Empresarial Ence, S.A.

Fábrica de Pontevedra

Anos 2001/2005

Capítulo preliminar

Intervenientes

1. Dunha parte, en representación do comité de empresa do centro de traballo da fábrica de Pontevedra do Grupo Empresarial Ence, S.A., os compoñentes sociais da comisión negociadora, cunha idoneidade e representatividade que se xustifica mediante a nota incluída como anexo I.

2. Doutra parte en representación do Grupo Empresarial Ence, S.A., os integrantes da comisión negociadora nomeados por ela, segundo se indica como anexo II.

3. Ámbalas partes, segundo interveñen, recoñécense mutuamente plena capacidade para levar a efecto e outorga-lo presente convenio colectivo.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbitos

Artigo 1.1.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais entre o Grupo Empresarial Ence, S.A. e os traballadores do centro de traballo da fábrica de Pontevedra.

Artigo 1.2.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores fixos pertencentes ó cadro de persoal do centro de traballo da fábrica de Pontevedra con inclusión do persoal técnico superior, medio, xefes administrativos e asimilados, excepto nas materias económicas salariais.

Artigo 1.3.-Ámbito temporal e denuncia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001 e terá unha duración de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2005.

Calquera das partes asinantes poderá proceder á denuncia do convenio, cun aviso previo dun mes, mediante unha simpla comunicación á outra parte.

As deliberacións para o convenio de 2006 comezarán un mes antes de remata-la vixencia deste convenio.

Sección segunda

Absorción, compensación e garantías ad personam

Artigo 1.4.-Absorción, compensación e garantías ad personam.

a) As estipulacións deste convenio revogan e substitúen cantas en tales materias se estableceran e estean vixentes na data da súa entrada en vigor, quedando subsistente, por conseguinte, todo canto non sexa obxecto expreso do presente pacto laboral e tódolos dereitos, que adquiridos a título persoal por cada un dos traballadores, están recoñecidos como tales no momento do asinamento deste convenio.

b) As melloras económicas e doutra índole que puideran establecerse por disposicións legais ou regulamentarias serán absorbidas ou compensadas polas establecidas en conxunto e en cómputo anual deste convenio.

c) As condicións laborais que se deriven deste convenio no seu aspecto simplemente económico, forman un conxunto orgánico e indivisible, que non se poderá considerar illadamente, senón na súa totalidade.

Sección terceira

Comisión paritaria de interpretación e vixilancia

Artigo 1.5.-Constitución, composición e funcións.

1) Existirá unha comisión paritaria que estará composta por catro membros designados pola empresa e catro designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto no presente convenio colectivo.

2) Os membros da comisión posúen os mesmos dereitos e obrigas e, en particular, a facultade de da-la opinión sobre calquera asunto que sexa sometido a este órgano. Cada un deles terá dereito a un voto.

3) Os vocais designados polo comité de empresa cesarán na comisión paritaria cando este órgano, reunido en pleno e por maioría, acorde retirárlle-la confianza; neste caso, procederase a unha nova designación.

Artigo 1.6.-Procedemento de actuación.

1) Os acordos tomados na comisión paritaria non poderán volver a ser reconsiderados pola comisión da que formen parte os novos vocais designados polo comité de empresa, en virtude do que se indicou no artigo anterior.

2) En caso de empate, seguiranse os trámites establecidos pola lexislación vixente.

3) A comisión paritaria reunirase cando existan asuntos que reclamen a súa atención ou cando o solicite calquera das partes.

4) A comisión paritaria elaborará a súa propia normativa.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 2.1.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo será competencia exclusiva da dirección con suxeición á lexislación laboral vixente.

Capítulo III

Valoración de postos de traballo

Artigo 3.1.-Norma de mantemento do sistema de valoración de postos de traballo.

Realizouse o estudio técnico de actualización das valoracións de tódolos postos de traballo e o seu axuste horizontal, que quedou recollido nos acordos asinados entre os representantes da empresa e do comité de empresa con datas do 20 de xuño de 1988 e do 13 de marzo de 1989.

A forma en que se levou a cabo a indicada actualización da valoración de postos de traballo, os chanzos que corresponden a cada un dos postos, as normas para a valoración de novos postos e da revisión da valoración daqueles que teñan un contido que variase substancialmente, así como a situación do persoal sobreclasificado, recóllense nunha norma asinada entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

Capítulo IV

Condicións de traballo

Sección primeira

Xornada de traballo e horarios

Artigo 4.1.-Xornada de traballo.

1) A xornada de traballo para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio será en horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada ordinaria como xornada continuada, a seguinte:

Ano 2001: 1.752 horas.

Ano 2002: 1.744 horas.

Ano 2003: 1.736 horas.

Ano 2004: 1.728 horas.

Ano 2005: 1.720 horas.

Se durante a vixencia deste convenio colectivo e por imperativo legal se dispuxera unha xornada en cómputo anual inferior á pactada, haberá que aterse ó que regule a lei.

Esta xornada levará consigo que se manteñan as esixencias de asistencia obrigatoria ás sesións de formación, información, adestramento, etc., en tempo de descanso, compensando hora por hora en cómputo de traballo ou de descanso, podendo utilizarse as paradas, parada anual, etc. a xuízo do xefe respectivo, sendo os descansos do mesmo tipo cás horas realizadas que se vaian compensar, sen prexuízo do indicado na norma de horario 2x2x2. Ademais, durante a parada anual poderán programarse xornadas de 9 horas computándoas na xornada anual.

2) As horas de traballo efectivo computaranse de forma que, tanto ó comezo como á fin da xornada diaria, cada traballador debe encontrarse no seu posto de traballo.

3. Para o persoal que traballe as tres quendas, incluídos os domingos e festivos, así como para o persoal que traballe a dúas quendas, as quendas de traballo son as que figuran no anexo XIII deste convenio.

O dito persoal deberá traballa-los días que lle correspondan polo calendario de quendas. A diferencia de horas ó ano, en máis ou en menos, que poida realizar este persoal sobre a xornada anual establecida no punto 4.1º regularizarase de mutuo acordo entre a empresa e os traballadores afectados.

4) Malia o anterior, respectarase a xornada menor en calquera modalidade delas que se realice no momento da entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 4.2.-Horarios.

Para efectos de cómputo do número de horas total de traballo efectivo anual, a dirección da fábrica e os representantes do persoal establecerán os horarios nos que se recolla a distribución do número total de horas anuais.

Para a súa confección, terase en conta o seguinte:

a) En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo efectivo.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo 12 horas.

c) Semanalmente existirá un descanso de día e medio ininterrompido.

d) Nos traballos a quenda poderanse computar por períodos de ata catro semanas, e os descansos de 12 horas entre xornada e de día e medio semanal a que se refiren os puntos b) e c) anteriores.

e) Nos postos de traballo a tres quendas, nos que se traballen as 24 horas do día, incluídos os domingos e festivos, terase en conta a rotación deles e que ningún traballador estará de noite máis de dúas semanas consecutivas, agás adscrición voluntaria.

Artigo 4.3.-Parada anual de fábrica: horarios e descansos.

Como xa é tradicional, e co obxecto de revisa-las instalacións da factoría, facendo as reparacións necesarias e urxentes, así como, procedendo á montaxe daquelas máquinas cunha incidencia fundamental no proceso productivo, procederase na data que a dirección da empresa determine, á parada anual de fábrica, establecéndose, en principio, un horario de xornada partida para o persoal afectado pola dita parada, con horario máximo de 10 horas diarias. O domingo que estea incluído durante a duración da parada considerarase día de descanso para todo o persoal. Así mesmo, daránselle ó persoal tódolos descansos posibles compatibles coa realización dos traballos da parada, ben nos días en que o descanso lle correspondera ou ben noutros días que se habiliten para o efecto.

Artigo 4.4.-Traballos de Nadal e fin de ano.

1) Para o persoal de quendas, que teña que prestar servicio no proceso productivo nas quendas que corresponden de 14 a 22 horas e de 22 a 6 horas, do día 24 de decembro e de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas, do día 25 de decembro, será considerado como laborable para tódolos efectos, para tódolos efectos, e ademais percibirá as gratificacións que se recollen no anexo XIV-1.

Aquel persoal que a dirección da fábrica considere que non é necesario que veña a traballar, considerarase igualmente como laborable e computaranse as horas, pero non lles corresponderá a gratificación.

2) Os días 31 de decembro e 1 de xaneiro son considerados laborables para o persoal sometido a réxime de tres quendas, para tódolos efectos pertinentes.

Neste caso, ós traballadores que estean de quenda corresponderánlle-las gratificacións que se recollen no anexo XIV-1.

3) Para o resto do persoal que teña que acudir a prestar algún servicio fóra da súa xornada de traballo habitual, corresponderanlle, ademais das horas extraordinarias, as gratificacións que se recollen ó anexo XIV-2.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 4.5.-Horas extraordinarias.

A) As horas extraordinarias consideraranse divididas en tres grupos: habituais, necesarias e de forza maior.

a) Horas extraordinarias de forza maior:

Son as que se efectúan para evitar avarías e outros danos extraordinarios ou urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas auxiliares, producción, etc., por causas alleas á vontade das partes. A súa realización será obrigatoria.

b) Horas extraordinarias necesarias ou estructurais:

Son as que se realizan por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ós de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate, ou mantemento. Todo iso, sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

c) Horas extraordinarias habituais:

Son as realizadas cando se supera a xornada legal, que non corresponda ós supostos das horas extras de forza maior ou necesarias. Procurarase evitalas.

B) A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas e do carácter delas.

C) As horas extraordinarias sinaladas nos puntos a) e b) non se terán en conta para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do aboamento como horas extraordinarias.

D) As horas extraordinarias regularanse pola norma de dirección aprobada para o efecto.

Sección terceira

Vacacións

Artigo 4.6.-Duración das vacacións e bolsa de vacacións.

1) A duración para efectos só de desfrute, será de 30 días naturais. Estes 30 días de vacacións anuais para o persoal de xornada partida (quenda normal) poderanse substituír por 22 xornadas efectivas de traballo, sempre que se desfruten dunha soa vez e nos que só pode quedar comprendida unha das festas laborais, de coincidir máis dunha durante o seus período de desfrute.

O persoal que cause alta ou baixa durante o ano terá dereito a un número de días en proporción ó tempo de traballo. A forma de proceder ó seu cálculo indícase na norma aprobada para o efecto, entre a empresa e o comité de empresa.

2) A forma de programa-lo seu desfrute será a vixente nos acordos asinados entre a dirección da empresa e o comité de empresa.

3) O importe a conta da bolsa de vacacións para o ano 2001 será de 27.123 pesetas (vintesete mil cento vintetrés pesetas). (163,01 euros).

Este importe verase actualizado, se procede, segundo o disposto no artigo 5.1.

Para o ano 2002 e seguintes, este importe actualizarase consonte o disposto o disposto no artigo 5.1.

Sección cuarta

Licencias e permisos. Excedencias

Artigo 4.7. Licenicas e permisos.

O traballador avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Por tempo de 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) Durante dous días, nos casos de nacemento dun fillo, enfermidade grave, hospitalización, intervención cirúrxica grave ou falecemento do cónxuxe ou parella de feito recoñecida e debidamente acreditada, fillo, pai ou nai, netos, avós, fillos políticos e irmáns dun ou doutro cónxuxe. Nos supostos de nacemento ou defunción en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, un destes dous días será laborable. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo poderase ampliar ata tres días máis cos seguintes criterios:

1) A ampliación será dun día (tres días en total), cando a distancia sexa superior a 100 km e non superior a 250 km.

2) A licencia ampliarase en dous días (catro días en total), cando a distancia sexa superior a 250 km e non superior a 500 km).

3) A licencia ampliarase en tres días (cinco días en total), cando a distancia sexa superior a 500 km.

Nos tres casos, a distancia enténdese entre o centro de traballo e o lugar onde se atope o familiar que dea orixe ó permiso (centro sanitario ou domicilio).

En caso de discrepancia entre a empresa e o traballador na medición da distancia, a carga de proba correrá por conta da empresa. Estas distancias serán medidas polo percorrido do transporte máis curto.

c) Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, seguirase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

e) Polo tempo establecido para desfrutar dos dereito educativos xerais e da formación profesional, nos supostos e na forma regulados pola lexislación vixente.

f) Durante un día por voda de parentes en primeiro grao, irmáns e irmáns políticos.

g) Un día por primeira comuñón de fillo de traballador que estea a quendas cando coincida con día de traballo no seu calendario.

h) Polo tempo indispensable para asistir á consulta médica do especialista, sexa ou non da Seguridade Social, sendo obriga do traballador, agás en casos excepcionais, sinalar coa autoridade á vista o horario de consulta e xustificar, con posterioridade, a devandita visita perante a empresa.

Do mesmo xeito, terase o tempo indispensable para asistir á consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social.

i) Ata 12 horas anuais de permiso retribuído en caso de enfermidade de fillos menores de 7 anos, debidamente xustificada polo pediatra, sendo necesario para a súa concesión a concorrencia das seguintes condicións:

1) Que ámbolos cónxuxes acrediten a súa condición de traballadores por conta allea.

2) Que o horario de consulta coincida coa xornada laboral de ámbolos cónxuxes.

j) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

Artigo 4.8.-Excedencias.

1) A muller traballadora terá dereito, no suposto de parto, a un período de suspensión de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables, por parto múltiple, de ata dezaoito semanas. Este período distribuirase a opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo en caso de falecemento da nai. Malia o anterior, en caso de que a nai e o pai traballen, aquela, ó se inicia-lo período de descanso por matarnidade, poderá optar porque o pai desfrute de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período, agás que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña risco para a saúde.

No suposto de adopción, se o fillo adoptado é menor de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de dezaseis semanas, contadas a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. Se o fillo adoptado é menor de cinco anos e maior de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito. A muller traballadora durante este período terá dereito ó cento por cento do salario, sen suxeición ó índice de absentismo do artigo 6.13 deste convenio.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto canto o sexa por natureza como por adopción, contado desde a data de terminación do descanso obrigatorio. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

En caso de maternidade ou paternidade, durante o período de desfrute da execedencia (máximo tres anos), garántese a reserva do posto de traballo da afectada ou afectado. O tempo desta excedencia computará para efectos de antigüidade.

O empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente ós riscos determinados na avaliación a que se refire o artigo 16 da Lei 31/1995, que poidan afecta-la saúde das traballadoras ou do feto, a través dunha adaptación das condicións ou de tempo de traballo da traballadora afectada, nos termos previstos no artigo 26 da citada lei.

En caso de non poder realizar esta permuta, a empresa designará a persoa que terá que cubri-lo posto da muller embarazada, que polo carácter provisional da situación se reincorporará ó seu anterior posto cando a embarazada cause baixa no traballo polo dito motivo.

Nos casos de embarazo con risco da muller traballadora, nos supostos de baixa por IT anterior á baixa por maternidade, as empresas completarán ata o cento por cento da base reguladora da prestación por IT.

2) Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, por vontade propia, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de ambos traballaren.

3) O traballador que teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un minusválido físico ou psíquico, e sempre que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo de, alomenos, un tercio da súa duración, coa diminución proporcional do salario correspondente.

Este dereito só poderá ser exercido por un dos cónxuxes.

4) Excedencias voluntarias:

O traballador cunha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

De non haber vacante no seus posto de traballo, o traballador poderá optar por outra vacante de inferior ou superior categoría e, neste último caso, sempre que non colisione o dereito ó ascenso doutros

traballadores e se adecue ó perfil requirido para o posto ó que opta.

5) Excedencia sindical:

Os traballadores que sexan elixidos para desempeñar cargos de ámbito superior ó da empresa poderán solicitar excedencia, sendo obrigatoria para a empresa a súa concesión polo tempo de permanencia no cargo. Esta excedencia será considerada como forzosa e por tanto computarase a antigüidade

Capítulo V

Retribucións

Artigo 5.1.-Consideracións previas.

1) Incremento económico:

Con carácter xeral e durante a vixencia do convenio colectivo acórdase que o incremento económico que se vai aplicar ó conceptos retributivos será o determinado no punto 2) seguinte:

2) Porcentaxe de subida:

a) O 1 de xaneiro de 2001 procederase a unha subida á conta dun 3,2%, en tódolos conceptos salariais fixos, excepción feita daqueles en que expresamente se estableza outra cousa.

b) O 1 de xaneiro de 2002 procederase a unha subida á conta dun 2,4%, en tódolos conceptos salariais fixos, agás os expresamente indicados cunha subida diferente.

c) O 1 de xaneiro do 2003 procederase a unha subida á conta dun 2,4% en tódolos conceptos salariais fixos, excepción feita daqueles en que expresamente se estableza outra cousa.

d) O 1 de xaneiro de 2004 procederase a unha subida á conta dun 2,4%, en tódolos conceptos salariais fixos, agás os expresamente indicados cunha subida diferente.

e) O 1 de xaneiro de 2004 procederase a unha subida á conta dun 2,4%, en tódolos conceptos salariais fixos, agás os expresamente indicados cunha subida diferente.

3) Revisión salarial:

a) Unha vez coñecido o IPC real do ano correspondente, e no caso de ser superior ó pactado, procederase, con efecto do 1 de xaneiro do devandito ano, a revisa-los conceptos retributivos pola diferencia existente entre o incremento anual aplicado segundo o disposto no punto 2 anterior e o IPC real correspondente para ese ano.

Se polo contrario, o IPC real resultase inferior ó 2,7% para o ano 2001 ou ó 1,9% para o resto dos anos (2002-2005), o incremento que se vai aplicar será o resultante de sumar ó dito IPC real 0,5 puntos.

Se o IPC real do ano correspondente fose igual ou menor ó 0,5 puntos que o incremento á conta pactado, manterase o dito incremento á conta pactado.

As revisións salariais referidas ateranse sempre, con carácter retroactivo, ó 1 de xaneiro do ano ó que fagan referencia.

O anterior non é aplicable a aqueles conceptos para os que expresamente se acordasen outros incrementos.

Enténdese por IPC real o índice de prezos ó consumo (IPC establecido polo INE) rexistrado o 31 de decembro de cada ano.

b) Aboamento das revisións:

A revisión salarial que puidese corresponder cada ano realizarase, en caso de ser positiva, nunha soa paga, e dentro do primeiro trimestre do ano seguinte ó que faga referencia.

En caso de que, por aplicación do disposto no punto anterior, a revisión salarial que se vaia aplicar fose inferior ó incremento á conta pactado, a contía total que se vaia descontar será deducida dentro do primeiro trimestre do ano seginte ó que faga referencia, recalculándose, así mesmo, os valores daqueles conceptos retributivos que foron obxecto de revisión salarial e que figuran nas táboas dos anexos III, IV, VI, VII, IX, X, XI, XII, XIV, XVI e XVII.

Os novos valores así obtidos servirán como punto de partida para o seguinte incremento salarial á conta.

4) Tódalas cantidades, calquera que sexa o seu concepto, que dimanen da aplicación do presente convenio, así como calquera outra percepción que puidera existir, consideraranse necesariamente nos seus importes brutos e sometidos ó gravame que a cada cal corresponda, en aplicación ó disposto na Lei IRPF vixente en cada momento segundo as súas circunstancias persoais e familiares.

5) Os impostos e cotizacións á Seguridade Social achegaraos a parte que legalmente lle corresponda e nas melloras voluntarias, prestacións de xubilación e seguro de vida e accidente, establecidas de común acordo cos traballadores en convenios anteriores, manteranse as porcentaxes de participación respectivas entón acordadas.

Artigo 5.2.-Salario convenio

1) O salario convenio componse para todo o persoal, de soldo base e complemento salarial de empresa (anexo III).

2) O novo salario convenio, que se establece desde 1994, componse do antigo salario convenio vixente ata 1993 e que se estableceu en 1981, e era o resultado da globalización dos seguintes conceptos salariais existentes no ano 1980: soldo valoración (composto de soldo base, complemento de actividade e aumento voluntario), compensación lineal, compensación conxelada e o 25% da prima de producción devengado en 1980, incrementados no 12,50%, porcentaxe de incremento pactada para o ano 1981, incrementando desde o 1 de xaneiro de 1994, nos conceptos de paga de asiduidade, complemento de presencia e paga de plan social individualizado, que

estes tres últimos pasan a integrarse no concepto complemento salarial.

Neste concepto inclúense, ademais, desde o 1 de xaneiro de 1997 a paga de beneficios e 52.000 pesetas provenientes da bolsa de vacacións.

3) O salario convenio devengarase por xornada e rendementos normais.

4) O salario base e o complemento salarial de empresa, unha vez deducidos os dereitos adquiridos por antigüidade, figuran no anexo III e aparecen no seu importe anual e mensual. O importe por mes obtense dividindo o importe anual entre 14, é dicir, polo número de meses do ano máis o que corresponde ás pagas extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal.

5) Gratificacións extraordinarias regulamentarias:

-As gratificacións extraordinarias regulamentarias de xullo e Nadal percibiranse na primeira quincena de xullo e decembro, respectivamente.

-O persoal que ingrese ou cause baixa durante o ano, o eventual e o interino, percibirá o seu importe proporcionalmente ó tempo de permanencia ó servicio da empresa.

Artigo 5.3.-Prima de producción.

A) Con motivo da modificación da norma de calidade das pastas NA-103 K e dos investimentos de ampliación de capacidade de fábrica, a fórmula de prima que se vai aplicar, será a seguinte:

Prima= E*P*IC, onde IC=IM-2INC, onde

P= toneladas realmente producidas.

IC= índice de calidade.

IM= índice meta (suma das pastas con cualificación 1M, 1L, 2L, C1 e C2)

INC= índice de non calidade (suma das pastas 2S, 1T e RE).

E= é a cantidade correspondente a cada chanzo segundo a táboa seguinte:

Esc.20012002200320042005

A0,01544750,01800250,01700120,01741680,0178513

B0,01608090,01874060,01769830,01813090,0185832

C0,01674020,01950890,01842390,01887430,0193451

D0,01742660,02030880,01917930,01964810,0201383

E0,01814100,02114150,01996570,02045370,0209639

F0,01888480,02200830,02078420,02129230,0218234

G0,01965910,02291060,02163640,02216530,0227182

H0,02046510,02384990,02252350,02307410,0236496

I0,02130420,02482780,02344700,02402010,0246193

J0,02217770,02584570,02440830,02500490,0256287

K0,02308690,02690540,02540900,02603010,0266794

L0,02403350,2800850,02645080,02709740,0277733

Estes coeficientes permanecerán inalterables durante a vixencia deste convenio colectivo.

B) Malia calcula-la prima tal e como se recolle no punto A) anterior, para proceder ó aboamento mensual da prima teranse en conta os coeficientes seguintes:

Esc.20012002200320042005

A0,01519730,01720910,01607090,01639200,0166943

B0,01582040,01791460,01672980,01706410,0173788

C0,01646900,01864920,01741570,01776370,0180913

D0,01714420,01941380,01812980,01849200,0188331

E0,01784710,02020970,01887310,01925020,0196052

F0,01857890,02103830,01964690,02003950,0204090

G0,01934060,02190090,02045240,02086110,0212458

H0,02013360,02279880,02129090,02171640,0221169

I0,02095900,02373360,02216390,02260680,0230237

J0,02181840,02470670,02307260,02353370,0239676

K0,02271290,02571960,02401860,02449850,0249503

L0,02364410,02677410,02500330,02550300,0259733

C) Con carácter anual, e unha vez coñecido o ratio de producción final, procederase a realizar, de forma automática ó plan de pensións, as achegas extraordinarias individuais correspondentes á contía reusultante pola diferencia entre a prima aboada segundo as fórmulas establecidas nos puntos A e B anteriores.

Para aquelas persoas que non teñan plan de pensións de Ence, o importe correspondente segundo o indicado no punto anterior aboaráselle en nómina.

D) Para o ano 2002, exclusivamente, no caso de que pola aplicación da nova fórmula aquí detallada se percibise menos que por fórmula para o 2001, aplicarase esta última por se-la máis beneficiosa para o traballador.

E) Para a aplicación da norma NA 103-K nos anos 2001, 2002 e seguintes, haberase que ater en canto á medición de impurezas ó indicado no anexo XIX.

F) Persoal de novo ingreso:

Para o persoal de novo ingreso (fixos, interinos e eventuais) establécese un período de adaptación ó posto de catro anos contados desde a data da súa incorporación. Por iso, a prima que se vai percibir reducirase mensualmente nas cantidades indicadas no anexo XV, en cada un dos anos de vixencia do convenio.

G) Para a determinación individual da prima terase en conta o seguinte:

Considerarase o factor de eficacia como 1 para todo persoal, agás comunicación por escrito ó interesado na que se lle indicará o coeficiente que se vai aplicar e as razóns que o xustifiquen.

O comité de empresa será informado tal como viña facéndose na actualidade.

H) Tendo en conta os investimentos que se van realizar para amplia-la capacidade e eficacia da fábrica e que, por tanto, a producción sufrirá un considerable incremento, é polo que, de acordo coas circunstancias productivas, a fórmula terá validez mentres non se modifiquen as ditas circunstancias productivas e en todo caso durante a vixencia deste convenio colectivo.

Artigo 5.4.-Horas extraordinarias.

1) Acórdase que as horas extraordinarias teñan un valor fixo para cada chanzo de cualificación, para tódolos efectos legais, que son os que figuran no anexo IV.

Os ditos valores obtivéronse tendo en conta o conxunto de condicións deste convenio e dos anteriores e as prestacións compensatorias que este concepto leva incluídas.

2) No suposto que correspondan de acordo coa norma de horas extraordinarias vixentes na empresa, as horas dividiranse entre traballadas e bonificadas.

A táboa de bonificacións de horas extraordinarias achégase como anexo V.

Artigo 5.5.-Antigüidade.

1) O persoal que ingresou antes do 1 de xaneiro de 1994 percibirá un complemento persoal de antigüidade, cunha contía que será a correspondente á antigüidade que tiña o 31 de decembro de 1993, coa actualización correspondente.

O dito complemento recóllese no anexo VI.

2) O número de trienios e quinquenios que poderá chegar a acumula-lo persoal fixo que ingresara antes do 1 de xaneiro de 1994, será o seguinte:

a) Para o persoal que ingresou antes do 1º de xaneiro de 1985, o límite da dita antigüidade será de 2 trienios e 4 quinquenios.

b) Para o persoal que ingresou despois do 1º de xaneiro de 1985, o límite da dita antigüidade será de 2 trienios e 3 quinquenios.

c) O valor dos trienios e quinquenios é o que se recolle no anexo VII deste convenio.

d) Os aumentos periódicos por antigüidade (trienios e quinquenios), comezarán a devengarse a partir do 1º do mes seguinte en que o cumpran.

e) Os que ascendan de chanzo de cualificación percibirán os novos trienios e quinquenios correspondentes ó novo chanzo de cualificación.

f) No caso de que un traballador cese na empresa e posteriormente reingrese nela, o cómputo de antigüidade será a data do último ingreso.

Para estes efectos, o persoal en suspensión de contrato terá que aterse ó disposto na lexislación vixente en cada momento.

g) O persoal que ingrese a partir do 1 de xaneiro de 1994 non percibirá este complemento persoal de trienios e quinquenios.

3) Dereitos adquiridos por antigüidade:

Neste concepto inclúese o trasvase do complemento salarial das cantidades correspondentes ó complemento de presencia que son dereitos adquiridos con anterioridade a 1997 e cuns valores que se recollen no anexo VII.

Os que ascendan de chanzo de cualificación percibirán os novos valores correspondentes ó novo chanzo de cualificación.

Artigo 5.6.-Paga de cash flow.

Con carácter indefinido, agás que se pacte outra cousa, establécese unha paga anual de resultados en función do cash flow do Grupo Ence (resultados + amortizacións), unha vez deducidos os impostos correspondentes.

As porcentaxes sobre os que se calculará a mencionada paga de resultados quedan definidos na táboa adxunta detallada no anexo VIII-1, e foron obtidos atendendo á determinación de tres tramos rectos con dous puntos de inflexión, resultantes dos seguintes criterios:

-O punto de inflexión superior vén definido por un cash flow do Grupo Ence cifrado en 20.062 millóns de pesetas (120.575,05 euros) (5,363%).

-O punto de inflexión inferior vén definido por un cash flow do Grupo Ence cuantificado en 8.213 millóns de pesetas (49.361,12 euros) (0,325%).

-A pendente da primeira recta é a resultante de uni-lo valor 0 co correspondente ó 8.213; o segundo tramo terá como pendente a da recta resultante de uni-lo punto de inflexión 8.213 e 20.062, e por último, o terceiro tramo manterá a mesma pendente cá do primeiro sen que se poidan superar porcentaxes superiores ó 10%.

-O anterior queda graficamente detallado na curva representada no anexo VIII-2.

Para os efectos de cuantifica-la percepción económica resultante da devandita paga aplicarase a porcentaxe correspondente ó cash flow anteriormente definido para cada ano sobre a base de cálculo conformada pola suma dos seguintes conceptos salariais percibidos:

* Soldo base.

* Complemento salarial.

* Bolsa de vacacións.

* Antigüidade en tódolos seus conceptos.

Esta paga, as cantidades da cal non terán carácter consolidable, aboarase no mes de marzo e unha vez auditados os estados financeiros do Grupo Ence. Os que causasen baixa ou alta durante o ano percibirán o seu importe por doceavas partes e proporcionalmente ós meses de permanencia ó servicio da empresa. Pagaráselles ós traballadores fixos no cadro de persoal.

Se durante a vixencia do convenio colectivo, causase baixa no Grupo Ence, S.A., algunha das sociedades referidas a seguir, que son as que se tiveron en conta para o cálculo dos puntos de inflexión, as partes acordan adapta-los novos puntos de inflexión superior e inferior en función das novas condicións.

Para tales efectos as sociedades que á sinatura deste convenio colectivo compoñen o Grupo Ence, e que por tanto se tiveron en conta para o cálculo da paga de cash flow, son as seguintes:

Grupo empresarial Ence (Ence Matriz).

Ceasa.

Cener.

Elnosa.

Grupo Norfor (integrado por Norfor, Norfor Maderas e Iberflorestal).

Grupo Ibersilva (integrado por Ibersilva, Ibersilva Servicios e Tecform).

Grupo Eufores (integrado por Eufores, Las Pleyades e Pleyades Uruguay).

Garántese a comprobación dos resultados, a través dos informes/certificados emitidos polos auditores externos do Grupo Ence, nos que serán identificados os datos xerais do grupo como os que servirán de referencia para o cálculo da paga anual de resultados.

Para tales efectos, o novo tratamento contable dos desinvestimentos forestais terán un efecto neutro no cálculo da mencionada paga anual.

Artigo 5.7.-Nocturnidade.

a) Entenderase por traballo nocturno o realizado entre as vintedúas e as seis horas.

b) Contía: a contía é a que se indica no anexo IX e corresponde a unha xornada continua de oito horas.

c) Percibirase por día efectivamente traballado de noite e non se fará efectivo, por tanto, nas ausencias do traballador, aínda que estas teñan o carácter de retribuídas.

d) O persoal que realice horas extraordinarias durante o tempo comprendido entre as vintedúas e as seis horas non percibirá este concepto retributivo, xa que no valor da hora extraordinaria se tivo en conta o importe del, xa que, quen realice horas extraordinarias entre as vintedúas e as seis horas cobra horas extraordinarias do valor de tres quendas.

e) O persoal en réxime continuado ou «non stop» (artigo 5º.9), por estar incluído este concepto retributivo na globalización a que se alude no artigo 5.9º 3) deste convenio, non ten xa que percibir nada por este concepto.

Artigo 5.8.-Complemento retributivo por traballar a dúas quendas.

Para o persoal que traballe en quendas de mañá ou tarde refúndese o antigo concepto retributivo de quendas e outros incrementos posteriores na cantidade que se recolle no anexo X.

As ditas cantidades serán as únicas diferencias remunerativas deste persoal respecto ó da xornada normal, e faranse efectivas en doce pagas.

Artigo 5.9.-Complemento retributivo por traballar en réxime continuado ou «non stop».

1) Definición do réxime continuado ou «non stop».

a) Enténdese en réxime continuado ou «non stop» o sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido destas.

b) Este réxime de traballo aplícase ó persoal que traballa en tres quendas rotativas de oito horas (mañá, tarde e noite) incluíndose domingos e festivos que desfruta dos descansos compensatorios establecidos na lexislación vixente.

2) Xornada de traballo e sistema de relevos.

a) A xornada laboral para este réxime de traballo será a normal establecida no presente convenio. O calendario de quendas de traballo é o que figura no anexo XIII deste convenio.

b) Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, haberá que aterse ó previsto no artigo 4.5A.b) do presente convenio colectivo.

3. Contía e forma de percepción:

a) A contía é a que se indica no anexo XI.

Procede, tal como se recolle no convenio para o ano 1983 da globalización anual do que o persoal viña percibindo no ano 1981 por nocturnidade (traballo desde veintedúas ás seis horas), traballo por quendas ou compensación por xornada continuada e horas de festivos e outras compensacións posteriores, é dicir, tódolos conceptos que diferencian o persoal que traballa en réxime continuado respecto do que traballa en réxime de xornada partida ou normal.

Aboarase en doce mensualidades.

b) Calquera outra cantidade que a lexislación vixente en cada momento poida adscribir a este persoal para diferencialo do de xornada normal por calquera concepto, considerarase absorbida nos valores da táboa acordada ata tanto os valores absolutos dos conceptos, diferenciantes, considerados no seu conxunto, en cómputo anual, non superen os da táboa.

c) Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Artigo 5.10.-Complemento retributivo por traballar en réxime continuado cinco días á semana.

1) Definición réxime continuado 5 días á semana.

a) Enténdese este réxime de horario aquel sistema de producción dos traballadores que serven as instalacións productivas da factoría, necesarias para permiti-lo funcionamento ininterrompido desta, se ben non o fai a fin de semana.

b) Este réxime de traballo aplícase ó persoal que traballa en tres quendas rotativas (mañá, tarde, noite), descansando sábados e domingos, así como os festivos.

2) Xornada de traballo e sistema de substitucións:

Ante a necesidade de mante-lo proceso continuado de fabricación e cando se dea unha falta ou ausencia imprevista de calquera ocupante dun posto de traballo, haberá que aterse ó previsto no artigo 4.5A.b) do presente convenio colectivo.

3. Contía e forma de percepción:

a) A contía é a que se indica no anexo XII.

b) Este complemento é de índole funcional, polo que se percibirá soamente se se ocupa un posto de traballo nas condicións anteriormente indicadas, non tendo carácter consolidable.

Capítulo VI

Beneficios sociais

Sección primeira

Cobertura de risco e continxencia

Artigo 6.1.-Consideracións xerais.

Para a cobertura de riscos e continxencias que poida sufri-lo persoal e independente das prestacións que puidera desfrutar, segundo o establecen as normas legais de previsión social, continúa establecendo un seguro de vida e accidente complementario e uns fondos para xubilacións e viuvez e orfandade, cun contido que se desenvolve a continuación.

Artigo 6.2.-Seguro de vida e accidentes.

1) Póliza de vida (nº 41.060.003):

-Morte por calquera causa: indemnización igual ó capital asegurado.

-Invalidez permanente absoluta, causada tanto por enfermidade como por accidente: indemnización igual ó capital asegurado.

2) Póliza de accidentes (nº 31.000.114):

-Morte por accidente: indemnización igual ó capital asegurado (esta indemnización é adicional á correspondente pola póliza de vida).

-Incapacidade permanente por accidente que non dea lugar á cualificación de absoluta: indemnización segundo baremo, ata un límite máximo igual ó capital asegurado (se esta incapacidade permanente por accidente se cualifica como absoluta, entón a indemnización liquídase pola póliza de vida).

3) Capital asegurado:

Setenta mensualidades dos emolumentos fixos vixentes o 1 de xaneiro de cada ano.

Para o persoal de convenio colectivo son emolumentos fixos o soldo base, o complemento salarial de 1993 incrementado no que suban as táboas salariais cada ano e a antigüidade que cada persoa teña recoñecida.

4) Primas:

O traballador pagará o 50% da prima, cun límite máximo para isto do 2,25% dos seus emolumentos e a empresa toma ó seu cargo e aboamento do resto da prima ata completa-la totalidade.

5) A idade límite:

Será o termo da anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

Artigo 6.3.-Pensións de xubilación, viuvez e orfandade.

1) Establécese un sistema de previsión para prestacións de xubilación, viuvez e orfandade adaptado á Lei de fondos de pensións 8/1987 e disposicións que a desenvolvan, e que se rexerá polo Regulamento do plan de pensións de ENCE para o persoal activo e polos acordos básicos do dito plan subscritos pola comisión promotora en outubro de 1990, admitidos no Fondo de Pensións Servirenta, F.P. e autorizados pola Dirección Xeral de Seguros.

Este sistema substituíu a partir do 1 de novembro de 1990 o regulado no Regulamento do fondo de previsión aprobado polo Consello de Administración de ENCE o 8 de xullo de 1983.

2) Para os efectos da garantía por conta da empresa do 30% do salario pensionable (integrado por salario base máis o complemento salarial máis a antigüidade) que figura nos acordos básicos pactados en outubro de 1990, a empresa garante o dito 30% do salario pensionable de 1993, (no que non se inclúen os conceptos trasvasados en 1994, referidos ós conceptos de paga de asiduidade, complemento de presencia e paga social, nin a paga de beneficios nin a parte de bolsa de vacacións trasvasados, con efectos de 1 de xaneiro de 1997, ó complemento salarial), cos incrementos xerais que se pacten nas táboas salariais nos conceptos que configuran o salario pensionable de 1993, aumentando nun 2% esa cantidade do salario pensionable de referencia no cómputo das persoas afectadas por esa garantía que se xubilen a partir de 1995.

O cómputo desta garantía a que se refire o parágrafo anterior é independente do correspondente ós dereitos consolidados resultantes da nova base de achega. Sen embargo, a maior garantía que se deriva do aumento do 2% de salario pensionable definido no parágrafo anterior descontarase dos dereitos consolidados adicionais derivados dos conceptos incorporados ó salario pensionable a partir de 1994.

Sección segunda

Plan social

Artigo 6.4.-Consideracións xerais.

1. O plan social beneficia a totalidade do persoal do centro de traballo de Pontevedra, de convenio colectivo.

Sección terceira

Prestacións sociais

Artigo 6.5.-Consideracións xerais.

Con cargo ós diversos conceptos que se recollen nos artigos seguintes, a empresa trata de atender toda unha serie de cuestións sociais fundamentais, non só dos traballadores do centro, e en consecuencia, dos seus familiares, senón tamén daqueles traballadores que se achen en situacións de incapacidade laboral, invalidez provisional, permanente total ou absoluta; xubilación, viuvez, orfandade do emprego da empresa.

Artigo 6.6.-Beneficios económicos.

Con este capítulo a empresa pretende axudar naqueles eventos familiares, tal como se indica a continuación, sendo estas axudas compatibles coas que concedan os organismos oficiais:

a) Natalidade: para o ano 2001 establécese un premio por valor de 33.117 pesetas (trinta e tres mil cento dezasete pesetas), (199,04 euros)

Para o ano 2002 e seguintes este importe actualizarase de acordo co disposto no artigo 5.1.

b) Nupcialidade: para o ano 2001 establécese un premio por valor de 110.268 pesetas (cento dez mil trescentas sesenta e oito pesetas) (663,33 euros)

Para o ano 2002 e seguintes este importe actualizarase de acordo co disposto no artigo 5.1.

c) Defunción: para o ano 2001 establécese unha axuda por valor de 55.206 pesetas (cincuenta e cinco mil duascentas seis pesetas), (331,79 euros)

Para o ano 2002 e seguintes este importe actualizarase de acordo co disposto no artigo 5.1.

En caso de que o falecemento sobreveña a causa de accidente de traballo, incrementarase a axuda indicada en 15.570 pesetas (quince mil cincocentas setenta pesetas), (93,58 euros).

Para o ano 2002 e seguintes este importe actualizarase de acordo co disposto no artigo 5.1.

Artigo 6.7.-Grupo de empresa.

A empresa, como xa é tradicional, seguirá atendendo o desenvolvemento das distintas actividades que realizou en anos precedentes, ó grupo de empresa de fábrica.

Artigo 6.8.-Axuda cultural e recreativa.

Seguirase, así mesmo, atendendo a todas aquelas actividades culturais e recreativas que poidan organizarse.

Artigo 6.9.-Festas de Nadal.

Atenderanse os gastos que ocasione o regalo que tradicionalmente se fai a cada empregado de fábrica e outras pequenas actividades que se orixinen na fábrica con motivo das festas de Nadal.

Artigo 6.10.-Medicina asistencial.

Comprende este artigo a axuda que a empresa lles poida prestar ós traballadores naquelas especiais circunstancias económicas polas que atravese, debido a causas de enfermidade e outras. Estas axudas fixaranse en cada caso, atendendo as especiais circunstancias do solicitante.

Artigo 6.11.-Economato.

Ó se-la empresa membro do economato colectivo Pontelco, hoxe Fundación Laboral Pontelco, a empresa seguirá intervindo na xunta administrativa dela con dous vocais, un designado polo comité de empresa e outro pola dirección.

A empresa continuará atendendo o pagamento das cotas que correspondan por pertencer á dita entidade.

Se por algunha causa a empresa deixara de formar parte do economato, hoxe Fundación Laboral Pontelco, o fondo destinado a este capítulo, co reaxuste que corresponda, pasará a engrosa-lo plan social na parte que no seu momento achegaron os traballadores e o resto dedicarase a outras prestacións sociais.

Ämbalas dúas partes acordan e adquiren o compromiso de estudia-la viabilidade do futuro do economato en calquera dos sentidos.

Artigo 6.12.-Comedor.

O importe da comida para o persoal que utilice o servicio de comedor, será o que se acorde entre a empresa e a comisión do comedor, sendo bonificada pola empresa a diferencia entre este prezo e o total do custo por comida.

Sección cuarta

Reducción de absentismo

Artigo 6.13.-Reducción de absentismo.

Nos casos de enfermidade común ou accidente, sexa laboral ou non, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por 100 do salario real do traballador en xornada ordinaria. Para obter este beneficio será condición indispensable o cumprimento das seguintes condicións:

1) Establécese unha porcentaxe en función do absentismo individual do ano anterior. Esta porcentaxe determina o período de pagamento do complemento, de acordo coa seguinte escala:

Absentismo individual ano anteriorTempo de pagamento de complemento

0 días12 meses improrrogables

De 1 a 7 días8 meses improrrogables

De 8 a 14 días6 meses improrrogables

De 15 a 21 días2 meses improrrogables

Máis de 21 días0

Esta escala será de aplicación para a primeira baixa do ano natural. En caso dunha segunda baixa, o tempo de pagamento do complemento será a metade; a terceira baixa e sucesivos no ano natural non dean dereito a complemento.

Para estes efectos, de computa-lo período de tempo de absentismo individual do ano anterior, considerarase, para a primeira baixa do ano natural, as baixas habidas durantre os doce meses inmediatamente anteriores a ela.

Para o efecto de considera-la segunda e sucesivas baixas, estas tomaranse en conta considerando o ano natural, isto é, desde o primeiro de xaneiro ata o 31 de decembro do ano en que se produce a baixa.

Para a determinación dos días de absentismo acudirase ós días de baixa por enfermidade e accidente reflectidos nos partes correspondentes.

2) Notifica-la ausencia coa antelación posible e presenta-la baixa por enfermidade ou accidente, estendida pola Seguridade Social, mutua ou mutualidade, dentro do prazo das vintecatro horas.

3) O enfermo ou accidentado pasará polo servicio médico da empresa, unha vez por semana, e en caso de que a enfermidade ou accidente lle impida o seu desprazamento, notificarao para efectos da posible visita do servicio médico ó seu domicilio.

O comité de empresa será informado mensualmente do índice de absentismo, analizarao e colaborará coa empressa para poñe-las medidas que se consideren necesarias para a súa reducción.

4) Por salario enténdese, para os efectos da presente compensación, o soldo base, complemento salarial, antigüidade, en tódolos seus conceptos, prima en factor 1 de eficacia, complemento de quenda e a percepción que houbese de mutualidades ou Seguridade Social.

5) En calquera caso, ó traballador garánteselle durante o período de baixa, as cantidades correspondentes á antiga paga de asiduidade e ó plan social, que foron obxecto de trasvase ó complemento salarial.

6) Para o persoal de longa enfermidade recalcularanse as cantidades obxecto de compensación ata a data da baixa na empresa, aplicándose o pagamento como se non tivese ningún tipo de absentismo o ano anterior á baixa.

7) Nos casos de enfermidade crónica e/ou convalecencia de intervencións cirúrxicas, documentalmente xustificadas, non se terán en conta os condicionantes de tempo de pagamento dos complementos.

8) En calquera caso, a empresa completará as prestacións da Seguridade Social ou mutua ata o 80% do salario real do traballador en xornada ordinaria.

Capítulo VII

Actuación sindical na empresa

Artigo 7.1.-Actuación sindical na empresa.

1. A actuación sindical na empresa rexerase polas disposicións vixentes en cada momento.

Artigo 7.2.-Relación comité-empresa.

A partir das relacións xa definidas neste convenio, a dirección oirá o comité, representado por unha comisión de tres membros, con carácter previo á imposición de premios e sancións; e naquelas cuestións que susciten un conflicto individual derivado dunha promoción ou provisión de vacantes ou afecten as condicións de traballo dun posto determinado.

Esta comisión do comité de empresa terá só voz e non será, en absoluto, vinculante para a empresa.

Así mesmo, deberá ser operativa e non resultar gravosa para a empresa.

Artigo 7.3.-Comité intercentros.

Constitución: quedará constituído cun máximo de 13 membros, designados por elección entre os compoñentes dos diferentes comités de empresa de centros de traballo, cunha composición que gardará a proporcionalidade dos sindicatos segundo os resultados electorais considerados globalmente.

Función: aborda e, se é o caso, efectúa propostas escritas sobre a problemática xeral da empresa que afecte os distintos centros de traballo, considerándose que os demais asuntos son da absoluta competencia dos comités de cada centro.

Reunións: os membros do comité intercentros para o exercicio da anterior función, están facultados para celebrar unha reunión trimestral (catro ó ano) sendo por conta da empresa os gastos de locomoción e axudas de custo para os seus desprazamentos a Madrid, onde terán lugar as reunións.

As datas das reunións deberán ser comunicadas á dirección da empresa coa antelación suficiente para non entorpece-la boa marcha dos servicios.

Artigo 7.4.-Información xeral sobre a marcha da empresa.

Recibirán ó comité de empresa a través do director do complexo ou persoal en quen el delegue, trimestralmente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Productividade.

As partes asinantes comprométense a realizar conxuntamente os estudios que procedan co fin de mellorar en todo o posible os valores actuais de productividade.

Segunda.-Mobilidade funcional e melloras tecnolóxicas.

1) A mobilidade funcional é a consecuencia da facultade da dirección para organiza-lo traballo co fin de logra-la plena ocupación e o pleno emprego de todos e cada un dos traballadores, así como a consecuencia dunha mellor e máis racional explotación da fábrica.

2) A empresa e os representantes dos traballadores son conscentes da necesidade de mellora-la competitividade e a calidade cara ó futuro. Para iso, é necesario continua-lo desenvolvemento e a mellora tecnolóxica das instalacións da fábrica.

3) Estas melloras darán lugar á supresión de diversos postos de traballo e á modificación doutros, dando lugar a unha progresiva reducción do cadro de persoal necesario para a producción e o mantemento da fábrica. A dita reducción do persoal non se fará de forma traumática e para evitalo aplicarase ó persoal sobrante a mobilidade funcional, destinándoo ós postos nos que se vaian producindo vacantes.

Estes traslados realizaranse informando o comité de empresa sobre as causas que os producen.

4) O dito comité de empresa designará unha comisión que ademais de coñece-las causas anteditas, coñecerá e será oída en relación cos plans de formación que se programen para adapta-los traballadores ós seus novos cometidos, se estes plans foran necesarios, ademais de recibir información sobre o aproveitamento e os resultados dos ditos cursos.

5) No suposto de que, aínda tendo persoal sobrante, fose necesario contratar novo persoal fixo, o comité de empresa será informado das causas que motivaron o ter que recorrer á contratación de novo persoal.

Terceira.-Xubilacións e baixas incentivadas.

a) As partes asinantes deste convenio examinaron os posibles efectos sobre o emprego do establecemento dun sistema que permita a xubilación co 100% dos dereitos pasivos dos traballadores ó cumpri-los 64 anos de idade e a simultánea contratación por parte da empresa de traballadores novos ou perceptores de seguro de desemprego en número igual ó de xubilacións anticipadas, que se pacten con contratos de igual natureza cós que se substitúen, tendo en conta para iso as disposicións vixentes en cada momento.

c) Incentivación por cesamento voluntario.

A cantidade que se percibirá como incentivada por cesamento voluntario será negociada directamente pola empresa con cada interesado, se ben se establecen para o ano 2001, como cantidades mínimas de indemnización por cesamento voluntario as seguintes:

IdadePesetasEuros

603.263.17919.612,10

612.855.56417.162,29

622.175.82913.077,00

631.767.08510.620,39

641.360.599 8.177,36

Para os anos 2002, 2003, 2004 e 2005, as devanditas cantidades incrementaranse de acordo cos incrementos previstos no artigo 5.1.

Cuarto.-Formación profesional.

A empresa e os traballadores son conscientes de que a formación profesional constitúe unha condición indispensable para alcanza-las melloras de competitividade, calidade e desenvolvemento tecnolóxico.

De acordo con isto, a dirección da empresa elaborará un plan de formación que inclúa os seguintes contidos:

-Definición de prioridades e obxectivos de formación.

-Plans de formación xeral e mantemento de coñecementos básicos.

-Plans específicos para os distintos procesos ou oficios.

-Plans de adaptación para os traballadores de postos que sufrirán cambios derivados da renovación tecnolóxica.

-Programas individuais de adaptación a novos postos para as persoas ás que se lles aplique a mobilidade funcional, derivada da valoración dos postos de traballo ou supresión doutros debido a melloras tecnolóxicas ou organizativas.

-Política da empresa en relación coas axudas de formación de persoal externo e en prácticvas na fábrica.

-Acordos de colaboración con centros ou organismos exteriores de ensino.

-Recursos e a súa distribución.

Quinta.-Seguridade e hixiene.

As partes asinantes do presente convenio son conscientes de que a seguridade e o benestar do persoal nos seus respectivos postos de traballo constitúe unha responsabilidade fundamental e contribúe á creación dun clima laboral satisfactorio, incrementando a productividade e a calidade. De acordo con estas premisas, a empresa elaborará un plan xeral de prevención que inclúa:

-Coñecemento completo das características, localización e nivel dos riscos existentes nas instalacións da factoría.

-Accións preventivas e correctivas que hai que adoptar.

-Sistema de xestión da seguridade.

-Análise de postos de traballo e establecementos de prácticas operativas seguras.

-Liñas de actuación do servicio médico como centro de impulsión da hixiene e saúde dos traballadores, identificando riscos e avaliando as medidas preventivas para evitalos ou reducilos.

-Plans de formación.

-Plans de emerxencia.

-Recursos e a súa distribución.

O comité de seguridade e saúde será consultado sobre a aplicación dos programas de seguridade, así como dos recursos e a súa distribución, podendo propor á dirección a orde de prioridades que considere conveniente, dentro da distribución dos ditos recursos.

Igualmente as partes coinciden na importancia que a formación de seguridade ten na mellora de resultados, motivando accións e actividades para evitar accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Por iso, acórdase potenciar esta liña de acción e considerar como obrigatoria a asistencia ós cursos de formación en seguridade, que se promovan en cada sección, aplicando a incentivación plasmada no epígrafe de formación, do Acordo do 21 de febreiro de 1986, ratificado no 30 de maio de 1986.

Como complemento á ampliación da participación dos representantes dos traballadores nos aspectos de protección do ambiente, o comité de empresa será informado dos cambios nos procesos productivos e investimentos en materia de control de emisións, así como do cumprimento das disposicións legais para o efecto.

Sexta.-Comisión.

Para tódolos temas relacionados coa formación (formación continua, prácticas, aprendizaxe, seguridade, etc.), créase unha comisión.

A dita comisión, que será presidida polo director do complexo, constará de tres membros designados polo comité de empresa e outros tres membros designados pola dirección, que serán os responsables de formación, seguridade e recursos humanos.

A comisión reunirase cando os asuntos que se vaian tratar o requiran e, en todo caso, unha vez ó ano.

Sétima.-Edificio social.

A empresa comprométese á construcción do novo edificio que albergará os servicios sociais, a partir do momento en que concedan as autorizacións administrativas pertinentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Validez do convenio.

A validez deste convenio colectivo queda supeditada ó seu rexistro pola autoridade laboral com

petente. A empresa, co fin de non lles causar prexuízo ós seus traballadores, acepta que entre en vigor desde o momento do seu asinamento e con efectos desde a data indicada no artigo 1.3.

Segunda.-Disposicións de aplicación.

En todo o non previsto e regulado no presente convenio colectivo, será de aplicación o que se dispoña no convenio estatal de pasta, papel e cartón de 2001-2003 e normas oficiais vixentes sobre a materia de que se trate.

Terceira.-Vinculación á totalidade.

As partes asumen o cumprimento do presente convenio con vinculación á súa totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que se anulara ou se fixera inaplicable a regulación prevista na alínea 2 do artigo 5º do convenio e os seus anexos, non podendo interpretarse ou modificarse illadamente, senón de forma global, gardando o equilibrio do conxunto das súas normas, tendo en conta o conxunto de todo o acordado.

Cuarta.-Derivada da negociación do convenio colectivo 1997/2000 suscitouse a cuestión de que, ó seren distintos os custos do persoal de novo ingreso do de maior antigüidade ó 31 de decembro de 1996, puidese darse a circunstancia que no futuro se producise calquera reorganización. Ou máis aínda, que as citadas diferencias fosen motivo que inspirasen a empresa para iniciar tal reorganización, buscando diminuí-los seus custos.

En resposta a esta preocupación manifestada pola parte social, a empresa garante que polos distintos custos de persoal antes citados non se producirán baixas, nin mobilidade xeográfica entre o persoal fixo ingresado con anterioridade ó 31 de decembro de 1996, derivadas de causas tecnolóxicas, técnicas, económicas, de organización e de producción, agás por motivos disciplinarios, por acordo entre a empresa e o interesado ou porque ámbalas partes aceptan de común acordo a prexubilación.

En proba de conformidade, as partes asinantes na representación que desempeñan, en Pontevedra o catorce de xaneiro de dous mil dous.

ANEXO I

Representación dos traballadores

De: comité de empresa.

A: dirección do complexo.

A teor do disposto no artigo 89.2º do Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes, poñemos no seu coñecemento a lista dos compoñentes da comisión negociadora e asesores, do convenio colectivo para 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, en nome da representación dos traballadores:

José Ignacio Santiago Pesqueira.

Miguel Ángel Graña Gómez.

Jesús Graña Gómez.

José Luis Santiago Rodríguez.

Nicolás Fernández Penas.

José M. Godoy Paz.

Miguel García Rodríguez.

Manuel González Vázquez.

José M. Lamoso Arosa.

Ramón López Fontán.

Santiago Rogel López.

Luis María Almazán Taracido.

Manuel Vázquez de la Fuente.

Así o digo, en Pontevedra o cinco de febreiro de dous mil un.

Visto e praceVisto e prace

José I. Santiago PesqueiraMiguel A. Graña Gómez

Presidente do comitéSecretario do comité

ANEXO II

Comisión negociadora empresa

De: dirección do complexo.

A: comité de empresa.

De acordo co artigo 89.2º do Estatuto dos traballadores, indicámoslle a seguir a lista dos compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo para 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, en representación da empresa:

José Manuel Seoane García.

Eleuterio Lozano Sánchez.

Mª Maldonado Carrasco.

Juan José Busto Salgado.

Jesús Abril López.

José Mª Pérez Parga.

Así o digo, en Pontevedra o cinco de febreiro de dous mil un.

Asdo.: José M. Seoane García

ANEXO III

Salario convenio (ano 2001)

AnoMes/pagas extras= ano: 14

ChanzoSol. baseC. salarialTotalSol. baseC. salarialTotal

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

A945.6285.683,341.390.2718.355,702.335.89914.039,0467.545405,9599.305596,84166.8501.002,79

B948.3145.699,481.476.9368.876,562.425.25014.576,0567.737407,11105.495634,04173.2321.041,15

C958.7505.762,201.560.4339.378,392.519.18315.140,5968.482411,59111.460669,89179.9421.081,47

D981.3105.897,791.636.5739.836,002.617.88315.733,7970.094421,27116.898702,57186.9921.123,84

AnoMes/pagas extras= ano: 14

ChanzoSol. baseC. salarialTotalSol. baseC. salarialTotal

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

E1.004.3476.036,251.717.10610.320,012.721.45316.356,2671.739431,16122.650737,14194.3901.168,30

F1.027.9516.178,111.802.15510.831,172.830.10617.009,2873.425441,29128.725773,65202.1501.214,95

G1.052.1076.323,291.891.75511.369,682.943.86217.692,9775.151451,66135.125812,12210.2761.263,78

H1.076.8326.471,891.986.88611.941,433.063.71818.413,3276.917462,28141.920852,96218.8371.315,24

I1.102.1406.623,992.086.79712.541,903.188.93719.165,9078.724473,14149.057895,85227.7811.368,99

J1.128.0326.779,612.192.74813.178,683.320.78019.958,2980.574484,26156.625941,33237.1991.425,59

K1.154.5376.938,912.304.17813.848,393.458.71520.787,3082.467495,64164.584989,17247.0511.484,81

L1.181.6707.101,982.421.96314.556,293.603.63321.658,2784.405507,28172.9971.039,74257.4021.547,02

ANEXO IV

Horas extraordinarias (ano 2001)

Q. norm.Q-2Q-3Q-4 PM

ChanzoPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

A1.2567,551.3558,141.5339,211.4838,91

B1.3307,991.4328,611.6209,741.5689,42

C1.4028,431.5139,091.71510,311.6509,92

D1.4798,891.5979,601.79210,771.73510,43

E1.5559,351.68510,131.89211,371.83211,01

F1.6419,861.77610,671.99111,971.92811,59

G1.73710,441.87811,292.10012,622.03512,23

H1.83011,001.98211,912.21613,322.14412,89

I1.93011,602.08912,562.33314,022.25813,57

J2.03412,222.20313,242.46114,792.38214,32

K2.14612,902.32914,002.58915,562.50815,07

L2.26313,602.46014,782.73116,412.64615,90

ANEXO V

Bonificación horas extraordinarias (ano 2001)

TraballadasNormaisEspeciais

0,500,521,00

1,001,042,00

1,501,563,00

2,002,084,00

2,502,604,50

3,003,255,50

3,503,756,25

4,004,757,00

4,505,507,75

5,006,258,25

5,507,008,75

6,008,009,50

6,509,0010,00

7,009,5010,75

7,5010,0011,25

8,0010,7511,75

8,5011,7512,50

9,0012,5013,25

9,5013,2513,75

10,0014,2514,50

10,5015,0015,00

11,0015,7515,50

TraballadasNormaisEspeciais

11,5016,5016,25

12,0017,2517,00

12,5018,0017,50

13,0019,0018,00

13,5019,7518,75

14,0020,2519,50

14,5021,2520,00

15,0022,0020,50

15,5022,7521,25

16,0023,7522,00

16,5024,5022,50

17,0025,5023,25

17,5026,2523,75

18,0027,0024,25

18,5027,5025,00

19,0028,5025,75

19,5029,2526,25

20,0030,2527,00

20,5031,0027,50

21,0031,5028,00

21,5032,2528,75

22,0033,2529,25

22,5034,0029,75

23,0035,0030,25

23,5035,7530,75

24,0036,5032,00

ANEXO VII

Táboa antigüidade (2001)

Valor anual quinquenio

Valor anual dereitos adquiridos

por antigüidade

Quinquenios/mes (ano: 14)

Dereitos adquiridos por

antigüidade/mes (ano: 14)

ChanzaPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

A104.006625,09485.1702.915,937.42944,6534.655208,28

B104.304626,88504.5773.032,577.45044,7836.041216,61

C104.738629,49524.7603.153,877.48144,9637.483225,28

D107.307644,93545.7503.280,027.66546,0738.982234,29

E110.167662,12567.5793.411,227.86947,2940.541243,66

F112.721677,47590.2823.547,678.05248,3942.163253,40

G115.576694,63613.8943.689,588.25549,6243.850263,54

H118.430711,78638.4503.837,168.45950,8445.604274,08

I120.113721,89663.9893.990,658.58051,5647.428285,05

J123.113739,92690.5484.150,288.79452,8549.325296,45

K126.192758,43718.1704.316,299.01454,1751.298308,31

L129.349777,40746.8974.488,949.23955,5353.350320,64

Os dereitos adquiridos por antigüidade non servirán de base para o seguro de vida e accidentes. Si servirán de base para as achegas ó plan de pensións actual, aínda que para efectos da garantía do 30% da empresa, establecido nos acordos básicos complementarios ó Regulamento de plan de pensións.

ANEXO VIII-I

Tramo 1Tramo 2Tramo 3

BasePorcentaxeBasePorcentaxeBasePorcentaxe

0,0000,000008,2130,3250020,0625,36300
0,2000,007918,4000,4045120,2005,36846
0,4000,015838,6000,4895520,4005,37638
0,6000,023748,8000,5745820,6005,38429
0,8000,031669,0000,6596220,8005,39220
1,0000,039579,2000,7446621,0005,40012
1,2000,047499,4000,8296921,2005,40803
1,4000,055409,6000,9147321,4005,41595
1,6000,063319,8000,9997721,6005,42386
1,8000,0712310,0001,0848021,8005,43178
2,0000,0791410,2001,1698422,0005,43969
2,2000,0870610,4001,2548822,2005,44760
2,4000,0949710,6001,3399122,4005,45552
2,6000,1028910,8001,4249522,6005,46343
2,8000,1108011,0001,5099922,8005,47135
3,0000,1187111,2001,5950223,0005,47926
3,2000,1266311,4001,6800623,2005,48718
3,4000,1345411,6001,7651023,4005,49509

Tramo 1Tramo 2Tramo 3

BasePorcentaxeBasePorcentaxeBasePorcentaxe

3,6000,1424611,8001,8501323,6005,50300
3,8000,1503712,0001,9351723,8005,51092
4,0000,1582912,2002,0202124,0005,51883
4,2000,1662012,4002,1052424,2005,52675
4,4000,1741112,6002,1902824,4005,53466
4,6000,1820312,8002,2753224,6005,54258
4,8000,1899413,0002,3603524,8005,55049
5,0000,1978613,2002,4453925,0005,55840
5,2000,2057713,4002,5304325,2005,56632
5,4000,2136913,6002,6154625,4005,57423
5,6000,2216013,8002,7005025,6005,58215
5,8000,2295114,0002,7855425,8005,59006
6,0000,2374314,2002,8705726,0005,59798
6,2000,2453414,4002,9556126,2005,60589
6,4000,2532614,6003,0406526,4005,61380
6,6000,2611714,8003,1256826,6005,62172
6,8000,2690915,0003,2107226,8005,62963

7,0000,2770015,2003,2957627,0005,63755
7,2000,2849115,4003,3807927,2005,64546
7,4000,2928315,6003,4658327,4005,65338

Tramo 1Tramo 2Tramo 3

BasePorcentaxeBasePorcentaxeBasePorcentaxe

7,6000,3007415,8003,5508727,6005,66129
7,8000,3086616,0003,6359027,8005,66920
8,0000,3165716,2003,7209428,0005,67712
8,2000,3244916,4003,8059828,2005,68503
8,2130,3250016,6003,8910128,4005,69295
8,2130,3250016,8003,9760528,6005,70086
8,2130,3250017,0004,0610928,8005,70877
8,2130,3250017,2004,1461229,0005,71669
8,2130,3250017,4004,2311629,2005,72460
8,2130,3250017,6004,3162029,4005,73252
8,2130,3250017,8004,4012329,6005,74043

Tramo 1Tramo 2Tramo 3

BasePorcentaxeBasePorcentaxeBasePorcentaxe

8,2130,3250018,0004,4862729,8005,74835
8,2130,3250018,2004,5713130,0005,75626
8,2130,3250018,4004,6563430,0005,75626
8,2130,3250018,6004,7413830,0005,75626
8,2130,3250018,8004,8264230,0005,75626
8,2130,3250019,0004,9114630,0005,75626
8,2130,3250019,2004,9964930,0005,75626
8,2130,3250019,4005,0815330,0005,75626
8,2130,3250019,6005,1665730,0005,75626
8,2130,3250019,8005,2516030,0005,75626
8,2130,3250020,0005,3366430,0005,75626
8,2130,3250020,0625,3630030,0005,75626

ANEXO IX

Nocturnidade (ano 2001)

ChanzoPesetas/díaEuros/día

A1.5189,12

B1.5959,59

C1.67710,08

D1.76710,62

E1.86011,18

F1.96011,78

G2.06412,40

H2.17313,06

I2.28013,70

J2.40614,46

K2.53115,21

L2.66616,02

ANEXO X

Complemento das quendas (ano 2001)

Pesetas/anoPesetas/mes: ano: 12

ChanzoPesetasEurosPesetasEuros

A101.427609,598.45250,80

B106.945642,758.91253,56

C112.669677,159.38956,43

D118.408711,659.86759,30

E124.951750,9710.41362,58

F131.108787,9710.92665,66

G138.905834,8411.57569,57

H146.269879,0912.18973,26

I152.828918,5112.73676,54

J162.250975,1413.52181,26

K170.8511.026,8414.23885,57

L179.4681.078,6214.95689,89

ANEXO XI

Complemento «non stop» (ano 2001)

Pesetas/anoMes: ano: 12

ChanzoPesetasEurosPesetasEuros

A460.7662.769,2638.397230,77

B484.9612.914,6740.413242,89

C510.6163.068,8642.551255,74

D537.3603.229,6044.780269,13

E566.0723.402,1647.173283,51

F596.4523.584,7549.704298,73

G627.1613.769,3152.263314,11

H660.2263.968,0455.019330,67

I694.9144.176,5257.910348,04

J732.2274.400,7761.019366,73

K771.0614.634,1764.255386,18

L811.7414.878,6667.645406,56

ANEXO XII

Complemento «quenda 4»-PM (ano 2001)

Pesetas/anoMes: ano: 12

ChanzoPesetasEurosPesetasEuros

A361.6042.173,2830.134181,11

B378.8812.277,1231.573189,76

C397.2032.387,2433.100198,94

D416.2982.502,0034.692208,50

E436.8112.625,2936.401218,77

F458.5002.755,6438.208229,64

G480.4452.887,5340.037240,63

H504.0573.029,4442.005252,45

I528.8333.178,3544.069264,86

J555.4723.338,4546.289278,20

K583.2153.505,1948.601292,10

L612.2693.679,8151.022306,65

ANEXO XIV-1

Noiteboa-Nadal (ano 2001)

1º Persoal sometido a réxime de tres quendas.

A) Día 24 e 25 de decembro:

De 6 a 14De 14 a 22De 22 a 6

Quenda/díaPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

24,1283.369501,0683.369501,06

25,1283.369501,0683.369501,0610.62863,87

B) Día 31 de decembro e 1 de xaneiro:

Día 31 de decembroDía 1 de xaneiro

Chanzo14 a 2222 a 66 a 1414 a 2222 a 6

PesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

A18.889113,5229.099174,8925.908155,7121.651130,1318.889113,52

B19.819119,1130.030180,4826.838161,3022.582135,7219.819119,11

C20.728124,5830.937185,9427.743166,7423.488141,1720.728124,58

D21.659130,1731.871191,5528.676172,3524.421146,7721.659130,17

E22.719136,5532.930197,9129.738178,7325.484153,1622.719136,55

F23.799143,0334.011204,4130.821185,2426.564159,6523.799143,03

G24.949149,9435.158211,3031.966192,1227.708166,5324.949149,94

H26.135157,0836.347218,4533.157199,2828.903173,7126.135157,08

I27.394164,6437.602225,9934.410206,8130.160181,2727.394164,64

J28.777172,9638.989234,3335.786215,0831.541189,5728.777172,96

K30.140181,1440.351242,5237.159223,3332.901197,7430.140181,14

L31.677190,3841.889251,7638.695232,5634.441206,9931.677190,38

ANEXO XIV-2

2º Persoal de dúas quendas.

Para o persoal de 2 quendas en réxime de xornada de cinco días, establécense as seguintes bonificacións:

De 6 a 14De 14 a 22De 22 a 6

Quenda/díaPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

24,1215.33992,1955.311332,43

25,1236.162217,3429.782179,0010.62763,87

31,12TÁBOA12.40374,54

01,019.30155,905.16731,062.48214,92

A) Día 31 de decembro:

De 14 a 22

ChanzoPesetasEuros

A16.693100,32

B17.772106,81

C18.392110,54

D19.273115,83

E20.246121,68

F21.196127,39

De 14 a 22

ChanzoPesetasEuros

G22.292133,98

H23.394140,60

I24.522147,38

J25.836155,28

K26.165157,26

L28.498171,27

Ademais destas gratificacións corresponderanlle horas extraordinarias, excepto o 31 de decembro na quenda de 14 a 22.

3º Resto do persoal.

Para o resto do persoal establécense as seguintes bonificacións:

De 6 a 14De 14 a 22De 22 a 6

Día/quendaPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

24.1214.89389,5155.311332,43

25.1236.162217,3429.782178,9910.62763,87

31.12TABLATABLA12.77476,77

01.019.58157,585.32231,992.55615,36

4º Resto do persoal.

As anteriores gratificacións correspóndense en todo caso a quenda completa de 8 horas, de tal forma que, de facer só unha parte dela, as citadas gratificacións serán na súa correspondente parte proporcional.

ANEXO XV

Deduccións na prima do persoal de novo ingreso

Ingreso 2001

Pesetas mes/2001Pesetas mes/2002Pesetas mes/2003Pesetas mes/2004

ChanzoPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

A5.64833,954.37226,282.96017,791.5489,30

B5.68834,194.40326,462.98117,921.5599,37

C5.73834,494.44126,703.00718,071.5729,45

Pesetas mes/2001Pesetas mes/2002Pesetas mes/2003Pesetas mes/2004

ChanzoPesetasEurosPesetasEurosPesetasEurosPesetasEuros

D5.77934,734.47326,893.02818,201.5839,52

E5.82835,034.51127,113.05418,361.5979,60

F5.87935,334.55027,353.08118,521.6119,68

G5.93735,684.59527,623.11118,701.6279,78

H5.99436,024.63927,893.14118,881.6429,87

I6.05736,404.68828,183.17419,081.6609,98

J6.12536,814.74128,503.21019,291.67810,09

K6.19437,234.79428,823.24619,511.69710,20

L6.29737,854.87429,303.30019,831.72510,37

NOTA: enténdese que estes descontos son para anos completos, polo que, de producirse o ingreso durante o ano, haberá que face-los cálculos de desconto na proporción correspondentes á data do dito ingreso.

ANEXO XVI

Reténs (ano 2001)

ConceptosPesetas/mesEuros/mes

Retén torneiro32.569195,74

Retén instrumentación32.569195,74

Operador troceado liña IV (ano 2001)

ConceptosPesetas/mesEuros/mesPesetas/anoEuros/ano

Soldo base80.025480,961.120.3506.733,44

Complemento salarial151.239908,962.117.34612.725,51

Dereitos adqu. antig.47.807287,33669.2984.022,56

Quinquenios8.63451,89120.876726,48

Quenda58.391350,93700.6924.211,24

Horas extraordinarias 2.404 pesetas/hora (14,45 euros/hora)

Prima de producción Será o 0,9669, do valor correspondente ó chanzo J

Estas cantidades serán base para os incrementos anuais correspondentes, quedando consolidadas, a título particular do posto de operador troceado liña IV, da sección de recepción e xestión de madeira e terá repercusión en el fondo de pensións, seguro de vida e Seguridade Social, no que regulamentariamente corresponda.

ANEXO XVII

Retraso de descanso (ano 2001)

Atraso descanso ó 9º díaAtraso descanso ó 11º día

ChanzoPesetasEurosPesetasEuros

A9.31155,9615.24391,61

B9.83159,0816.08596,67

C10.34362,1616.934101,78

D10.90065,5117.838107,21

E11.49069,0618.802113,00

F12.11772,8219.829119,17

G12.76376,7120.883125,51

H13.44480,8021.999132,22

I14.16585,1323.180139,31

J14.93989,7924.443146,90

K15.73194,5425.742154,71

L16.58399,6727.132163,07

Normas

Producto final

Limpeza de pastas

Norma 19 (Sust 404) Xaneiro/00

1. Obxecto e ámbito da aplicación.

Esta norma interna especifica un método para determina-la limpeza (superficie negra equivalente) en pastas branqueadas, para efectos de clasificación comercial.

Aplícase a tódalas pastas de Ence e exteriores para efectos comparativos.

2. Principio.

A mostra de pasta examínase por transparencia mediante unha iluminación adecuada e cóntanse as impurezas visibles de acordo co procedemento que a continuación se indica.

3. Aparellos.

Dispositivo de iluminación normalizado. Deberá ter unha potencia de iluminación de 756 W a base de 21 tubos fluorescentes de 36 W cada un tipo Phillips TLD-36W/84.

Carta de comparación de sucidade. Utilizarase a carta Ence.

Tarro contagotas ou pulverizador.

Lanceta ou punzón.

4. Procedemento.

Débese controlar toda a superficie da folla en produccións de boa limpeza (menor de 4mm/kg), unha superficie polo menos de 50 x 50 cm cando este valor estea comprendido entre 4 e 30 mm/kg, e unha superficie de 20 x 20 cm en pasta con sucidade maior de 30 mm/kg.

Nos argueiros que se encontran no interior da pasta, é necesario raspar cun punzón a pasta que as cobre co fin de evita-lo efecto de lupa que fai a pasta e agranda aparentemente o argueiro.

A mostra colócase encima do dispositivo de iluminación e cóntanse e superfícianse os argueiros observados -tanto en superficie como no interior- de acordo co baremo que se indica máis adiante. A mostra examinarase por ámbalas caras e, para facilita-lo reconto e evita-lo risco de contar dúas veces o mesmo argueiro, marcaranse convenientemente os argueiros ou impurezas detectadas.

A superficie asignada a cada argueiro será a indicada na carta Ence adxunta. Para argueiros de menos 1,0 mm, considerarase o valor inferior de cada grupo asignado, ata o primeiro de xaneiro de 2001. A partir desta data, o valor asignado será o valor medio de cada intervalo. Para argueiros maiores de 1 mm, o valor que corresponda.

Realiza-lo cálculo da superficie negra equivalente, sumando a superficie de tódolos argueiros e dividindo pola superficie examinada en metros cadrados. Ó examina-la folla por ámbalas caras, débese ter en conta que a superficie é dobre.

Valores carta Ence

Grupo

Tamaño dos argueiros

marcado na carta

mm

2000

Valor asignable

mm

2001

Valor asignable

mm

EMenores de 0,10,060,08

D0,3-0,10,100,20

C0,6-0,30,300,45

B1,0-0,60,600,80

A 1,01,01,0

A 1,51,51,5

A 2,02,02,0

A 2,52,52,5

A 3,03,03,0

A 4,04,04,0

A 5,05,05,0

5. Cálculo e expresión dos resultados.

A limpeza expresarase en mm/kg de pasta seca de acordo coa seguinte fórmula:

Sendo:

1000* a

X=

s *m

X =contido de impurezas, mm/kg.

a =superficie en mm do conxunto das argueiros encontrados e calculados co baremo establecido.

s =superficie dunha das dúas caras da mostra en m.

m =gramaxe de mostra en g/m.

6. Mostraxe.

Para efectos de clasificación comercial de pastas por suciedade, as frecuencias de mostraxe serán especificadas no sistema de calidade das respectivas fábricas.

7. Informe.

O informe, para análises non rutineiras, deberá incluí-los seguintes datos:

Identificación da mostra.

Referencia a esta norma interna Ence.

Cantidade de pasta dispoñible para o ensaio, cando sexa inferior á superficie normalizada.

Ademais do resultado final, indicaranse tamén, cando sexa preciso e posto que se determinaron durante o ensaio, o número de argueiros correspondente a cada un dos grupos do baremo, co obxecto de coñece-la distribución por tamaño das impurezas.

Calquera anomalía ou particularidade observada durante a realización do ensaio.

Calquera desviación da norma ou circunstancia que se crea que puidese influír nos resultados.

Exemplo de cálculo

-Superficie de pasta controlada:

Folla enteira en F-II 75 x 84 cm (0,630 m).

-Tamaño e nº de impurezas:

2E(entre 0,06 - 0,1 mm).

4D(entre 0,1 - 0,3 mm).

2C(entre 0,3 - 0,6 mm).

1A1 (1,0 mm).

2A3 (2,0 mm).

1A5 (3,0 mm).

-Gramaxe da mostra:

992 g/m.

-Cálculo de «a» (superficie total de impurezas).

2x0,06 mm= 0,12 mm

4x0,10 mm= 0,40 mm

2x0,30 mm= 0,60 mm

1x1,00 mm= 1,00 mm

2x2,00 mm= 4,00 mm

1x3,00 mm= 3,00 mm

«a»= 9,12 mm totais

1000* a

De acordo coa fórmula: x=

s *m

Calcúlase a limpeza en mm/kg

1000x9,12

X (limpeza mm/kg)= = 14,52 mm/kg

0,630x992

1. Obxecto.

Defini-las pastas fabricadas polo grupo Ence e as características que determinan as súas calidades.

Establece-los criterios para identificar e codifica-las ditas pastas.

Defini-los procedementos de control das variables básicas que determinan a calidade das pastas.

2. Ámbito de aplicación.

Aplicarase á producción de pastas dos centros de producción de Huelva, Pontevedra e Navia.

3. Criterios de clasificación das pastas.

A clasificación das pastas establecerase de acordo cos seguintes criterios:

* Tipo de pasta.

* Centro productor.

* Liña de secado.

* Calidade.

A responsabilidade da codificación e da asignación das denominacións de uso interno, de cada un dos productos fabricados, será do director da División de Celulosa.

Establécense como productos vixentes os incluídos no anexo-1.

3.1. Tipo de pasta.

Diferéncianse dous tipos de pasta, dependendo do proceso de branqueo coa seguinte definición:

IdentificaciónCódigo

Branqueo sen cloro gasECF (*)

Branqueo sen compostos de cloroTCF (**)

(*) «Elemental chlorine free»

(**) «Totally chlorine free»

3.2. Centro productor.

O centro productor designarase con dous carácteres alfanuméricos coa seguinte clasificación:

IdentificaciónCódigo

HuelvaHU

PontevedraPO

NaviaNA

3.3. Liña de secado.

Indica a liña que se utilizou para o secado da pasta. O seu código será un carácter alfabético coa seguinte clasificación:.

IdentificaciónCódigo

FourdrinierF

Prensa de dobre teaP

3.4. Calidade.

Defínese atendendo a:

* Brancura.

* Limpeza.

* Características físico/químicas.

* Embalaxe.

* Identificación externa.

Os códigos e os rangos de brancura e limpeza correspondentes ás distintas calidades dentro de cada tipo de pasta, recóllense no anexo-2, que poderá actualizarse de forma independente á norma e incluirán as datas de modificación e entrada en vigor.

Será o director da División de Celulosa o responsable de codificar e fixa-las marxes de brancura e limpeza, e demais parámetros que considere, para as distintas calidades de cada un dos tipos de pastas existentes.

3.4.1. Clasificación por calidade.

En función da calidade, os productos poden ser:

a) Aceptados, que son aqueles que cumpren cos mínimos requiridos nos aspectos técnicos, de embalaxe e de identificación externa.

b) Aceptados con salvidades, que son aqueles que cumpren cos mínimos requiridos de carácter técnico, pero non así en relación á embalaxe e/ou a identificación externa, se ben os defectos observados permiten a súa aceptación (ver anexo-3; Motivo D2/D9).

c) Rexeitados, que son aqueles que ou ben non cumpren os mínimos requiridos no aspecto técnico (calidades RE) ou ben os defectos na embalaxe ou a identificación externa non permiten a súa aceptación (ver anexo-3; Calidades R1/R9).

O almacenamento desta pasta farase en lugar sinalado para o efecto.

A identificación externa desta clasificación farase como segue:

* Aceptados: cunha marca de cor verde.

* Aceptados con salvidades: con dúas marcas de cor verde.

* Rexeitados: cunha marca de cor vermella. Esta marca anula as anteriores.

Os paquetes non marcados enténdense que están pendentes da inspección final.

3.4.2. Asignación da calidade e posibles modificacións.

En función dos datos dispoñibles ou das variacións nas características do producto co tempo, defínense tres niveis de calidades:

a) Calidade de liña.

É a que se define cos parámetros asignados en liña e que serven para a primeira colocación no almacén.

b) Calidade de almacén.

É a que resulta da aplicación dos parámetros de calidade de pasta -intrínsecos e de calidade externacomo consecuencia da aplicación á pasta da analítica do laboratorio ou outras inspeccións.

c) Calidade comercial ou definitiva.

É a calidade que resulta das modificacións aplicadas como consecuencia dos cambios que poidan producirse -interna ou externamente- no producto durante o almacenamento. É a calidade con que o producto se expide ó cliente, ben sexa desde o almacén de fábrica ou desde unha consigna.

3.4.3. Fabricación de calidades especiais.

Para poder dar satisfacción a necesidades de clientes as especificacións de brancura/impurezas das cales non están comprendidas nos cadros clasificatorios da presente norma, a Dirección Comercial e de Loxística, de acordo coa correspondente fábrica, poderalle propoñer ó Subcomité de Producto a producción de pastas de fabricación especial, con rangos de brancura/impurezas que dean satisfacción ás especificacións do cliente. Os criterios de tales excepcións serán restrictivos.

De ser aprobada tal fabricación, a Dirección Comercial e de Loxística asignará ó producto definido unha única denominación, para todo o grupo, en forma das siglas «CX», sendo X un número natural comprendido entre 1 e 99.

Independente da codificación antes definida, existirá unha calidade especial denominada «High White», con código HW, ECF, fabricada en Navia, que deberá cumprir coas condicións seguintes: brancura medida sobre folla: (92,5%, e impurezas (4 mm/kg.

3.4.4. Medidas globais de calidade.

Defínense dous índices: o índice meta (IM) e o índice de non-calidade (INC). Ambos calcularanse a partir da calidade de almacén.

a) O índice meta (IM) calcularase da seguinte maneira:

* Pasta ECF

tAD Suma (ML+SB+Cx+HW)

IM= * 100

tAD totais

* Pasta TCF

tAD Suma (1M+1L+2L+Cx)

IM= * 100

tAD totais

d) O índice de non-calidade (INC) calcularase, igualmente, da seguinte maneira:

* Pasta ECF

tAD Suma (ET+ES+RE+Rx)

INC= * 100

tAD totais

* Pasta TCF

tAD Suma (1T+2S+RE+Rx)

INC= * 100

tAD totais

(Rx= suma das calidades que supoñen rechazo).

3.4.5. Denominación para o exterior.

A información proporcionada ó exterior incluirá a identificación do tipo de pasta, o centro productor, liña de secado e código secuencial de fabricación e excluirá os códigos de calidade definidos nesta norma.

3.5. Terminoloxía.

Defínense os seguintes conceptos:

Balas: é a unidade de fabricación e embalaxe.

Paquete: é a unidade de almacenamento e venda. Está constituído por oito balas do mesmo tipo e calidade e amparadas por un mesmo código de identificación.

3.6. Codificación de paquetes.

Para efectos de conseguir unha perfecta trazabilidade da fabricación do producto, cada un dos paque

tes, terá asignado un código único, constituído por 15 dígitos alfanuméricos coa seguinte denominación:

Os tres primeiros corresponderán ó tipo de pasta, é dicir «ECF» ou «TCF».

Os dous seguintes refírense á fábrica, é dicir «HU», «PO» ou «NA».

O seguinte díxito corresponde á liña de secado, («F» ou «P»).

Os seis seguintes corresponden á data do día de fabricación co formato AAMMDD.

Por último os tres díxitos finais corresponden ó nº secuencial de fabricación, que se reiniciará ás 06:00 horas de cada día.

No se definen na presente norma outros detalles da presentación, que serán definidos por outra posterior, manténdose mentres tanto a presentación actual, en tanto que non contraveña esta norma.

4. Responsabilidades.

Dirección da División de Celulosa.

É a responsable da codificación e denominación das pastas así como das características que definen cada tipo de pasta e calidade.

Dirección Comercial e de Loxística.

É a responsable de defini-las especificacións técnicas das calidades especiais.

Dirección do Complexo Industrial ou Fábrica.

É a responsable da calidade de fabricación e da calidade comercial a través do Departamento de Laboratorio e Control do Proceso e do Departamento de Loxística e Calidade do Productos respectivamente.

5. Entrada en vigor.

A presente norma entrará en vigor o 1 de outubro de 2000.

ANEXO-1

Definición de productos fabricados

CódigoNome comercial

Pontevedra

TCF PO FTCF FOURDRINIER

TCF PO PTCF PRENSA DE DOBRE TEA

Huelva

ECF HU FECF FOURDRINIER

ECF HU PECF PRENSA DE DOBRE TEA

Navia

ECF NA FECF FOURDRINIER

ANEXO-2

Códigos, rangos de brancura e limpeza por

calidades e por tipo de pasta

Pasta ECF

Límites de brancuraLimpeza

Clasificación en

almacén sobre folla

Garantía ó

cliente ISO

Impurezas:

mm/kg

Código

calidade

o 89,5o 90,0n 2ML
o 89,5o 90,0) 2 y n 4SB
o 88,5o 89,0n 4KU
o 88,5o 89,0) 4 e n 8EK
o 88,5o 89,0) 8 e n 15ET
o 86,5o 87,5n 15ES
RESTORE

Pasta TCF

Límites de brancuraLimpeza

Clasificación en

almacén sobre folla (a)

Garantía ó

cliente ISO

Impurezas:

mm/kg

Código

calidade

o 89,0o 89,0n 21M
o 89,0o 89,0) 2 y n 41L
o 88,0o 88,0n 42L
o 88,0o 88,0) 4 e n 81S
o 88,0o 88,0) 8 e n 151T
o 86,0o 86,0n 152S
RESTORE

ANEXO-3

Códigos de salvidades e rexeitamentos

Códigos de salvidades

CódigoMotivo

D1Asignación de calidades nos cambios de secuencia

D2(*)Paquetes con papel de envolver algo roto ou sucio

D3Pregado con aberturas efecto saco

D4(*)Altura de paquete

D5Marcado a man

D6Cor de tinta incorrecta

D7Balas cun arame menos que o estándar

D8Paquetes sen unitizar

D9Normas internas de laboratorio e outras causas

Códigos de rexeitamento

CódigoMotivo

a) Por laboratorio:

REPor brancura, impurezas ou características fisico-químicas

b) Na inspección de producto final:

R1Balas sen envolver

R2(*)Balas con presentación moi defectuosa

R3(Reservado para paquetes con balas de diferentes liñas de secado)

R4Balas con menos de dous arames que o estándar

R5Paquetes unitizados cun arame menos que o estándar

R6Paquetes con identificación ilexible ou incorrecta

R7(*)Balas con grandes manchas de aceite ou superficiais

R9Outras causas

c) Na inspección periódica do almacén:

R8Deterioración por manipulación e/ou envellecemento

(*) Cuantificaranse mediante instrucción interna.