Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2002 pola que se corrixe erro material na do 8 de marzo de 2002 pola que se aproba a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Igape, na resolución pola que se anuncia concurso público aberto para a citada contratación e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (C.P. 3/2002).

1. Con data do 8 de marzo de 2002 a directora xeral do Igape dictou resolución pola que se aprobaba a contratación da subministración de material de oficina consumible para o Igape, así como resolución pola que se anunciaba concurso público aberto para a citada contratación; do mesmo modo aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas do citado concurso.

2. Detectado erro material nas citadas resolucións, así como nos citados pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, en concreto no que respecta ó orzamento máximo total de licitación, debe corrixirse o dito erro material.

Por iso e en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape con data do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),

ACORDO:

Primeiro.-A corrección do erro material contido na resolución de aprobación da contratación da subministración de material de oficina consumible para o Igape, na resolución pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da citada subministración, no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas no seguinte sentido: no orzamento máximo total de licitación onde di «corenta e sete mil catrocentos corenta e sete con vintenove euros (47.447,29 A)», debe

dicir: «cincuenta mil cento setenta e oito euros con nove céntimos de euro (50.178,09 A)».

Mantense en todo caso o custo unitario por elemento nos importes máximos establecidos nos citados documentos.

Segundo.-O prazo de quince días naturais establecido para a presentación de ofertas computarase a partir da publicación desta corrección de erro no DOG, polo que a apertura de ofertas da documentación administrativa e técnica será en acto público, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do novo prazo de presentación de ofertas, e a apertura das ofertas económicas será ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do novo prazo de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica