Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 25 de marzo de 2002, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 32.032/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador simplificado nº 32.032/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (plaza de Europa, 10 A, 2º, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día da notificación. Se non fose obxecto de recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388), Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguinte prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 32.032/2001.

Inculpado: Calzados Seoane, S.L.

Enderezo: Plácido Peña, nº 109, Vilalba (Lugo).

Sanción e motivo: 300,51 euros; irregularidades en materia de consumo.

Data da resolución: 26-2-2002.

Ourense, 25 de marzo de 2002.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense