En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta)
que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírtese ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.
A resolución firme do contrato suporá á prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de marzo de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefe de Área Provincial da Coruña
ANEXO
-Miguel de los Reyes Torrente e herdeiros de Marino del Río Díaz.
Expte. C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 38/2000).
Conta 829.
Avda. Castelao, Vecinal 3, torre 1, 7º D, polígono de Caranza (Ferrol).
Importe débeda: 1.653,16 euros.
-Pedro Manzano Romero.
Expte. C-2-IV/75 (desafiuzamento F.P. 113/2001).
Conta 129.
Alexandre Bóveda nº 17, bloque 9-1º A (Santiago de Compostela).
Importe débeda: 15.226,56 euros.