Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 6.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración do equipamento do Centro de Educación Especial Santiago Apóstolo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: C8/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento de comedor, almacéns de cociña e xerais, residencia de bolseiros, cociña e lavandería do Centro de Educación Especial Santiago Apóstolo.

b) División por lotes: dous lotes.

c) Lugar de entrega: Centro de Educación Especial Santiago Apóstolo (As Xubias-A Coruña).

d) Prazo de entrega: lote I: 20 días; lote II: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 205.514,56 euros (IVE incluído).

Lote I: 110.038 euros.

Lote II: 95.476,56 euros.

5. Garantías:

Provisional: lote I: 2.200,76 euros; lote II: 1.909,53 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50; fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1136

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela).

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais