Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 02/0004234/2002, interposto por María Teresa Vázquez Castro.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo 02/0004234/2002, interposto por Mª Teresa Ventoso Cañas contra a desestimación presunta da solicitude do 16-11-2001 na que se pedía o inicio do procedemento administrativo para a inclusión da batea Barroso V no distrito marítimo de Cambados e revogación da orde de retirada forzosa.

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido órgano xudicial.

Así mesmo, de conformidade co disposto na citada Lei 29/1998, notifícaselles ós interesados no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer como parte no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos