Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2002 Páx. 5.950

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autoriza a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao nun ciclo formativo de grao medio ó centro privado Technical School da Coruña.

Examinada a solicitude formulada polo titular do centro privado Technical School da Coruña, que solicita a transformación dunha unidade de formación profesional de segundo grao da rama administrativa e comercial, nun ciclo formativo de grao medio de comercio.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, (BOE do 26 de xuño), Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xullo), Real decreto 777/1998, do 30 de abril (BOE do 8 de maio), Orde do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 21 de xaneiro), pola que se regula a adecuación das autorizacións dos centros privados de formación profesional de primeiro grao autorizados ou con clasificación definitiva e mailas dos centros de formación profesional de segundo grao homologados para implanta-los ciclos formativos de grao medio.

Considerando que a mencionada solicitude se axusta á lexislación vixente.

Esta dirección xeral, en virtude do establecido na disposición derradeira primeira da referida Orde do 7 de xaneiro de 1997,

RESOLVE:

Autoriza-la transformación dunha unidade de FP2 da rama administrativa e comercial nun ciclo for

mativo de grao medio de comercio, segundo os datos que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Centro: Technical School.

Código do centro: 15005294.-1 unidade de FP2 da rama: administrativa e comercial.

Transfórmase en:-1 ciclo formativo de grao medio de comercio da familia profesional de comercio e marketing.

Composición resultante:

-2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa.-2 ciclos formativos de grao medio de comercio.