Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de Resolución con data do 25-1-2002 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización en Covas (O Pedregal), rúas perpendiculares á rúa Vicente E. Bouza Basanta, redactado por CEINSA para Herdeiros Rebellón (Molezún Rebellón e Bermúdez de Castro Rebellón), instado no seu nome por Ramón Molezún Rebellón.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Viveiro, 4 de abril de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde