Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra incluída no POL/2002 que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución. Sumidoiros e outros na praza Calvo Sotelo cun orzamento de 193.988,20 A (non se admiten baixas) e un prazo de execución de catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas. Provisional: non se esixe. Definitiva: 7.759,53 A.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do Concello, praza de Calvo Sotelo 1, 36740 Tomiño; (teléfono 986 62 20 01/fax 986 62 25 30), ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos dos contratistas. Clasificación: G-6-d e os restantes requisitos e criterios de selección especificados nos respectivos pregos.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a

esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e das 11 ás 13 horas os sábados.

8. Apertura das ofertas. Pola mesa de contratación e de conformidade co establecido no prego.

9. Gastos dos anuncios. Por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 18 de abril de 2002.

P.O.

Roberto Miranda Álvarez

Concelleiro de Obras e Medio Ambiente