Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación de catro contratos administrativos de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e no artigo 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación de contratos administrativos de obra que se relacionan de seguido:

Resolución de licitación: 13 de decembro de 2001 (DOG nº 242, do 17 de decembro).

1. Contrato de obra.

Obxecto do contrato: construcción dunha piscina cuberta climatizada no concello de Marín-Pontevedra.

Adxudicatario: Construcciones Mouzo y Souto, S.L.

Importe de adxudicación: 1.231.660,32 A.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Data da resolución: 11 de marzo de 2002.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

2. Contrato de obra.

Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Castroverde-Lugo.

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Importe adxudicación: 611.360,97 A.

Prazo de execución: trece (13) meses.

Data da resolución: 11 de marzo de 2002.

Procedemento e forma da adxudicación: procedemento aberto e concurso.

3. Contrato de obra.

Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Guntín-Lugo.

Adxudicatario: Obras, Pavimentos e Instalaciones, S.L. (Opain, S.L.).

Importe adxudicación: 709.823,55 A.

Prazo da entrega: dez (10) meses.

Data da resolución: 11 de marzo de 2002.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

4. Contrato de obra.

Obxecto do contrato: construcción dunha piscina descuberta, fase de remate, no concello de Paradela-Lugo.

Adxudicatario: Pozanca, S.L.

Importe adxudicación: 381.585,62 A.

Prazo de entrega: dez (10) meses.

Data da resolución: 11 de marzo de 2002.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte