Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2002 Páx. 5.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (53/2002).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da cidade de Vigo e o seu partido xudicial, fai saber que ante este xulgado se seguen autos de suspensión de pagos baixo o número 53/2002, por solicitude da entidade Bodoque, S.A., con domicilio na avenida das Camelias, número 48, baixo desta cidade de Vigo (Pontevedra) e dedicada a toda clase de actividades de fabricación, confección, deseño, comercialización e

compravenda de pezas de vestir en calquera xénero e para persoas de calquera sexo ou idade, así como de todo outro tipo de artigos téxtiles e obxectos para o complemento do vestir, así como tódalas demais actividades directa e indirectamente relacionadas con aquela, designándose para o cargo de interventores xudiciais os titulares mercantís Rafael Moreno García e Federico Cruz Gancho, así como a entidade Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona, cun activo de 291.205.716 pesetas e un pasivo de 228.445.789 pesetas.

E para que sirva de publicidade para os fins previstos na Lei de suspensión de pagos e especialmente no seu artigo 9, expido e asino este edicto en Vigo, un de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA