Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos administrativos de subministracións correspondentes ó concurso público C.P. 14/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 ( DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada por Orde do

23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministracións que se indica a continuación, efectuada logo da tramitación do correspondente expediente administrativo de concurso público.

Expediente: C.P. 14/2001 Consumibles informáticos.

Adxudicatario: Plácido Antonio Liz Fernández.

Importe: 154.422,04 A.

Lotes: 1, 2 e 3.

Ourense, 20 de marzo de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense