Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002 pola que se somete a información pública o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Baiona (Pontevedra).

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou o plan de utilización dos espacios portuarios do porto de Baiona.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais del ente público Portos de Galicia, situadas na praza de Europa 5 A-6º, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, zona sur, r/ Benito Corbal 37-3º, 36001 Pontevedra. En ámbolos dous enderezos poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa de Área de Explotación e Planificación