Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 061/01P e cinco máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán

facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 12 de marzo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./anoDenunciado

DNI

Último domicilio coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU-061/01PMario Rui Nunes FlorínR/ Trazeta Pedro Nones, nº 10,

3º esq., Ermesende, Valongo, Porto (Portugal)

Pescar sen licenciaArtigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano

OU-108/01PDomingos Lopes Poulo

X0316722N

R/ Condes de los Gaitanes, nº 6,

3º D, Ponferrada, (León)

Pescar con máis canas das permitidas (3) sendo sorprendido tamén os días 21-4 e 1-5 cometendo esta infracciónArtigo 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia240,40

OU-133/01PCaín Jiménez Montoya

44458267

R/ Portobello B-2-4, OurensePescar en luns, día inhábil para a pescaArtigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia60,10

OU-135/01PManuel Garrido Fernández

34565448J

R/ Baro Papón, 18-B, OurensePescar con máis canas das permitidas (2)Artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia60,10

OU-142/01PJuan Manuel Rosendo Mosquera

V-6973461

R/ General Franco, 32, Carballeda de Avia (Ourense)Pescar sen licenciaArtigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano

OU-144/01PJosé Barros Janeiro

35940714

Lg. Mirelles, Beariz (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pescaArtigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia60,10